Os populares apostan por cambiar sentido de entrada e saída do aparcadoiro e piden beirarrúas para evitar o continuo paso de peóns pola calzada.
Estas demandas presentaranse no próximo Pleno, ao que tamén se reclama un plan específico de vixilancia e que o Alcalde faga xestións na Xunta para que se dignifique o actual edificio da Estación de Autobuses.
Os populares lamentan que a Orozco " énchase a boca falando de grandes prazas cando hai espazos á beira da Muralla, como este, desaproveitados por completo".