-
 
Opinión
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Homenaxe a Serafín Pena Souto

21/06/2007

Grupo Municipal
 
Joaquín García Díez

Serafín para min sempre será Pepe. Un home de palabra, tranquilo ata cando esta enfadado, e cunha gran capacidade para negociar e serenar ao máis nervioso.
El ensinoume a coñecer e comprender as necesidades e as preocupacións dos habitantes das parroquias de Lugo. Con el percorrinas todas, e varias veces. Moitas veces empezabamos á primeira hora da mañá, e non regresabamos a casa ata despois de cear. En todo ese tempo ademais de comprobar o moito que había que investir para mellorar as múltiples peticións dos lucenses, tamén había tempo para probar todos os produtos culinarios que co maior agarimo ofrecíanche. E aí si que Pepe me gañaba por goleada. O seu estomago está preparado a proba de pemento e dos chourizos mais malditos. O meu non.
Pepe xa non é concelleiro connosco pero despois de tanto tempo é insubstituíble. Ímolo a notar e por eso será sempre o noso concelleiro do RURAL.

 
Cristina Ares Castro-Conde

As primeiras palabras que me dirixiu Serafín tiñan que ver coa permanencia no cargo. Creo recordar que me dixo que esperaba que, polo menos, cumprise, como el fixera, trinta anos de servizo á comunidade desde un posto de responsabilidade política.
Ben sabe Deus que non aspiro a dedicar toda a miña vida a esta actividade. Como tamén coñece o grao en que admiro aos que, habéndoo feito con xenerosidade e humildade, seguen mantendo intacta a ilusión do primeiro vida.
Serafín, non fixo política, honrou á Política (con maiúsculas) ao proxectar as súas grandes virtudes no coidado da cousa pública. Por iso, ocupa e ocupará sempre un lugar na selecta listaxe dos lucenses que merecen ser chamados Políticos.
Grazas polo teu exemplo

 
José Manuel Barreiro Fernández

Serafín Pena Souto é un referente para todos cantos nos adicamos á política. A sua trayectoria está presidida pola honradez e unha xenerosidade que non ten límites.
Para min é unha honra ter compartido con él tarefas de goberno no Concello de Lugo. Del aprendín que á política vense a servir e non a servirse
No Partido Popular de Lugo sentímonos tremendamente orgullosos de que persoas como Serafín compartan con nos as mismas ideas de compromiso coa sociedade. As súas aportacións a este proxecto político foron, pero sobre todo, seguen a ser, imprescindibles e constitúen un exemplo a seguir para todos cantos formamos parte desta gran familia que é o PP de Lugo.
Por último é imposible falar de Pepe Pena Souto sin referirnos ao medio rural. Ninguén ten feito tanto por mellorar as condicións de vida das xentes do rural de Lugo como Serafín; Él enténdeo desde un principio polo que todos os ciudadans, vivan onde vivan, teñen os mismos dereitos e adicou todo o seu esforzo a conseguilo.

 
Teresa Taboada Candal

Serafín é unha persona que tivo unha traxectoria consecuente consigomesmo e coas súas eideas, e iso se recolle en forma de agarimo e respecto, tantpo por parte dos seus compañeiros de partido como polos que teñen outras ideas.
Supoño que iso é ao que todos deberíamos de aspirar.
Noraboa Serafín, un abrazo moi cariñoso.

 
Jaime Castiñeira Broz

Qué pode dicir un alumno do seu mellor mestre? iso é o que pode dicir Jaime Castiñeira de Serafín Pena Souto. Para min foi, e segue a ser, un dos meus mellores mestres no campo da Política. Sempre pude contar con él como un gran amigo e compañeiro.
En canto a súa laboura pública eu diría que foi e é unha persoa que sempre antepuxo os intereses dos demáis aos seus, e especialmente os da zona rural e os dos máis humildes.
Só podo dicir "Gracias Serafín" por darme a oportunidade de aprender de ti e de terte como compañeiro.

 
Sofía López Linares
Sentimento de nostalxia pola túa marcha, persoa que sempre realzas a presenza do que chega a compartir un acto contigo. Sempre me sentín arroupada por ti.
Persoa prudente, detallista e afectuosa que destaca polo seu saber estar e ser.
¡Botarémosche de menos Serafín! Es o perexil que nunca debería faltar nesta salsa do PP.
 
Enrique Rozas López

Amigo Serafín: Con motivo da túa retirada da vida política quería manifestarche a miña felicitación polo traballo desenvolvido en todos estes anos, algún dos cales compartín contigo e sobre todo pola túa calidade humana, que me demostraches en reiteradas ocasións. Podes sentirche orgulloso do labor realizado, que estou seguro verase referendada o día do teu merecido homenaxe.
Nin que dicir ten, que quedo á túa disposición, para todo aquilo no que eu poida serche útil.
Un forte abrazo

 
Alicia Rosa Peña Murias

Desde fai moitos anos eu coñezo a serafín Pena Souto , pero foi no 2003 cando tiven a dita de traballar ao seu lado no Concello como concelleiros, os dous do Partido Popular.
Desde entón naceu entre nós unha verdadeira amizade, e podo dicir que estou moi orgullosa diso, porque el é unha desas persoas que de verdade merece a pena. Grazas Serafín, pola túa amizade, pola túa bonhomía e polo teu saber estar en cada momento á beira dos que che necesitan.
Sempre, tanto o meu marido como eu, esteremos ao teu lado.
Un abrazo.

 
Manuel López Fernández

Definir a Serafín Pena Souto nunhas cortas liñas e algo moi difícil , pero eu si quería destacar que durante a sua longa carreira política, Serafín distinguise por ser unha persoa sinxela, que no rural do noso concello, desenvolveu un importante traballo con ilusión e  de un xeito sinxelo renunciando case sempre a unha notoriedade que seguramente lle correspondía.
Por outra bandas na sua traxectoria política foi unha persoa con afán de servir a todos os veciños,sen facer distincións, de aí  ó cariño e aprecio que a xente de rural sente para a sua persoa, e para rematar eu persoalmente creo que a sua maior virtude e ser unha persoa de ben

 



 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo