-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

29/02/2008

  • Sofía López e Teresa Taboada acudiron á chamada dos veciños para denunciar o estado da rúa Rof Codina.
  • Ademais dos veciños desta rúa ven afectados os do barrio de Montirón, que cruzan por esta vía para chegar a Fontiñas.
  • Máis de 600 firmas avalan a preocupación dos veciños, que poñen a súa vida en perigo cada vez que cruzan Rof Codina.
 
Foto

28/02/2008

  • O modelo proposto polo PP segue o que no seu día fixo que as actividades deportivas non só non supuxesen competencia desleal aos ximnasios, senón que os integrou.
 
Foto

27/02/2008

  • O Partido Popular expresou o seu máis absoluta condena aos actos vándalicos contra un autobús da Asocición Galicia Bilingüe que tiveron lugar esta noite na cidade de Lugo.
 
Foto

26/02/2008

  • Concelleiros do grupo popular fixeron unha viaxe nun tren rexional para presentar esta iniciativa.
 
Foto

23/02/2008

  • As propostas do PP buscan mellorar os consensos necesarios para dedicar rúas de Lugo a entidades e persoas relevantes.
 
Foto

21/02/2008

  • Ante a falta de obras que inaugurar, o PSOE asina convenios, inspecciona solares baleiros e organiza visitas guiadas a obras herdadas do Partido Popular, coma o novo hospital.
 
Foto

21/02/2008

  • Cualifica de inaceptable a proposta do PSOE de levar ao rueiro unha praza "da memoria histórica".
  • O portavoz do Grupo Municipal Popular lamenta que tras catro anos esperando por elas, as propostas do alcalde teñan máis intencionalidade electoral que de honrar a lucenses ilustres.
 
Foto

20/02/2008

  • García Díez teme que se desvirtúe o proxecto de recuperación e revitalización do casco histórico iniciado polo Partido Popular no ano 1997.
  • O grupo municipal informou a unha representación de comerciantes, hostaleiros e veciños do centro desta iniciativa.
 
Foto

19/02/2008

  • A alcaldesa de Valencia e os candidatos ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo visitaron a praza de abastos e repartiron dípticos con propostas para mellorar a economía familiar.
  • No acto sectorial celebrado no Méndez Núñez con mulleres e asociacións, Rita Barberá subliñou que o PP fará unha política fiscal que favoreza ás pemes, aos autónomos e aos que teñen menos ingresos.
  • O Partido Popular cualifica a política de igualdade do Goberno de ZP de demagóxica
 
Foto

13/02/2008

  • José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez deron unha rolda de prensa á luz dos recentes escándalos que tanto o número 1 como o 2 do PSOE provocaron cos seus comentarios cando crían que ninguén lles escoitaba.
  • Barreiro cualificou o sucedido co CETAL como "unha falta de respecto total e absoluto para os lucenses, que pon en evidencia a catadura moral de José Branco"
  • Joaquín García Díez anunciou iniciativas plenarias do Grupo Municipal Popular e pediu a dimisión de Orozco como presidente do Padroado do CETAL.
 
Foto

13/02/2008

  • Enrique Rozas denunciou que o desmantelamento do servizo electrico complica que se leve a cabo un mantemento adecuado das instalacións que dependen do Concello
  • A semana pasada, nunha revisión rutineira, detectáronse graves deficiencias dun cadro electrico dun centro escolar
 
Foto

12/02/2008

  • A reurbanización á que se comprometeu en 2004 o equipo de goberno non se chegou a facer.
  • Os veciños están cansos dos cortes de auga consecuencia das continuas fugas, e din que lles estragan os electrodomésticos
 
Foto

11/02/2008

  • Joaquín García Díez, José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira, analizaron cos profesionais do sector a situación de incerteza derivada do levantamento da suspensión de licenzas.
  • Durante a súa intervención, tanto García Díez como Barreiro acusaron ao concelleiro de Urbanismo do Concello de Lugo, de ?pór escusas de mal pagador? ao dicir que o atraso do PXOM débese a que os socialistas perderon a maioría absoluta e tiveron que sentar a negociar.
 
Foto

11/02/2008

  • García Díez: "faltar á verdade nun Pleno é mentir aos lucenses". Nos plenos dos últimos meses, Orozco mentiu reiteradamente aos lucenses ao dicir que defende "a opción do Cuartel de San Fernando".
  • SI ao auditorio: O Grupo Municipal Popular nunca porá obstáculos para facer o auditorio, sexa onde sexa.
 
Foto

09/02/2008

  • O Grupo Municpial do Partido Popular felicita ao novo bispo de Lugo e deséxalle o mellor na súa nova responsabilidade.
  • Tras as recentes polémicas entre o PSOE e a Igrexa católica García Díez quere recordar que "a nós gústanos ser respectuosos e non xulgar a ninguén sen lle dar a oportunidade de facer o seu traballo".
 
Foto

08/02/2008

  • O portavoz do Grupo Municipal Popular recorda que o PP comprometeuse a non pór obstáculos a este cambio, que cualificou de "previsible" tralas últimas declaracións do señor Orozco, para non atrasar "nin un só día" a construción do novo Auditorio.
  • Á decisión tomada chegouse non só de costas á cidadanía, senón tras reiteradas mentiras en resposta ás preguntas que o Grupo Popular presentou ao Alcalde en diversos Plenos, en que asegurou que a súa prioridade era respectar o proxecto orixinal cando en realidade nunca tivo a máis mínima intención de facelo como se demostra agora.
  • García Díez atopa pouco razoable que a parcela de Magoi se utilice para construír vivendas e que se entregue o Cuartel de San Fernando á Xunta para situar alí un museo.
 
Foto

07/02/2008

  • Se o PP logra o Goberno tras as eleccións do próximo día nove de Marzo esta decisión está garantida.
  • O Grupo Municipal Popular rexistrou hoxe unha alegación instando ao Ministerio de Fomento a modificar o acceso da nova ponte sobre o Miño.
 
Foto

07/02/2008

  • Os populares insisten en reclamar que se presenten informes xurídicos que clarifiquen que ningún cidadán se vexa nunha situación de indefensión xurídica polos cambios introducidos no documento urbanístico.
  • Esta tarde os populares participaron nunha reunión aberta aos veciños das Gándaras para dar conta da información da que dispón sobre este barrio e lindeiros.
 
Foto

06/02/2008

  • O Portavoz do Grupo Municipal Popular e candidato ao Congreso dos Deputados explica que as oficinas levan meses terminadas polo que, ao seu xuízo, a demora responde "a unha estratexia deliberada do PSOE para inaugurar as dependencias a poucos días da campaña".
  • García Díez, ve inxustificable o atraso da apertura da oficina do DNI de Lugo. Dado que as obras terminaron fai meses non atopa unha xustificación do por que continúan pechadas
 
Foto

05/02/2008

  • O Grupo Municipal Popular rexistrou tres proposicións para debater no próximo Pleno Municipal
 
Foto

04/02/2008

  • O portavoz do Grupo Municipal Popular solicitou esta mañá, nunha entrevista co Alcalde, que cumpra os seus compromisos e dea audiencia a estes colectivos para avanzar no desenvolvemento dos orzamentos.
  • As xestións para acondicionar en Rubiás o circuíto de velocidade iniciaranse en breve grazas ás condicións impostas polos populares cando deron o seu apoio aos orzamentos.
 
Foto

02/02/2008

  • O candidato do Partido Popular ao Congreso pola provincia de Lugo, e portavoz do Grupo Municipal Popular participou hoxe no acto de presentación da oferta turística de Lugo en FITUR.
 
Foto

01/02/2008

  • A Confederación hidrográfica penalizou ao Concello a pagar máis de 7.000 euros.
  • "Á vista está que o Concello nin se preocupa, nin toma as medidas que están ao seu alcance".
 
Foto

· NOVAS DE MESES ANTERIORES
  Xaneiro 2008    
Decembro 2007    
  Novembro 2007    
Octubre 2007    
  Setembro 2007    
Agosto 2007    
  Xullo 2007    
  Xuño 2007    


 
       
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo