Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

economia

31/05/2009

  • A rebaixa de ingresos fai máis urxente a reforma do modelo de financiamento das entidades locais polo desaxuste entre os ingresos e os gastos que teñen que afrontar para prestar servizos aos cidadáns.
  • O Grupo Municipal Popular presenta unha proposición ao Pleno que busca axustar as competencias que exerce o Concello de Lugo con respecto aos fondos que recibe doutras administracións.
 
Foto
barra

bienestar

30/05/2009

  • O Grupo Municipal do Partido Popular, presentou unha batería de preguntas para coñecer os criterios que utilizará a responsable de mocidade, Rosana Rielo, para entregar de forma gratuíta os traxes de romanos propiedade do Concello.
  • As preguntas dos populares xorden logo de coñecerse, polos medios de comunicación, que a Concellaría de Mocidade ten intención de ceder os traxes a "colaboradores" deste área.
 
Foto
barra

grupo municipal

29/05/2009

  • García Díez critica a falta de transparencia da orde do día da reunión na que se designou ao novo director.
  • Aos populares chámalles a atención que, por primeira vez, o padroado reúnase en Madrid "como perderon o goberno da Xunta xa non lles interesa a foto en Galicia".
  • Pediranse explicacións no Congreso dos proxectos que sacaron adiante este ano e os postos de traballo que crearon.
 
Foto
barra

empleoyssgg

29/05/2009

  • Os populares fanse eco do malestar do Consello de Asociacións Socioculturais que viu por segundo ano consecutivo como se lles impedía celebrar a feira aos poucos días da súa inauguración.
 
Foto
barra

grupo municipal

28/05/2009

  • Os populares din que ata agora o rendemento do centro tecnolóxico foi negativo e decepcionante para os lucenses, que seguen agardando polos 15.000 postos de traballo prometidos por José Blanco.
 
Foto
barra

cultura

28/05/2009

  • Os populares explican que serviría de punto de información aos peregrinos que percorren a ruta, e de face ao Xacobeo 2010 valería de cartón de presentación da cidade.
  • O Grupo Popular critica a Orozco por non sacar rendemento a un ben municipal e por permitir que a estrutura, situada no centro, ofreza unha imaxe de provisionalidade.
 
Foto
barra

grupo municipal

27/05/2009

  • Os populares anuncian unha ofensiva de iniciativas para facer un seguimento exhaustivo, área por área, dos proxectos pendentes.
  • García Díez pídelle a Orozco que "se sosiegue e dedíquese ao que debe facer un alcalde".
 
Foto
barra

grupo municipal

26/05/2009

  • "Está inseguro: non ve claro o seu futuro político e o resultado da súa xestión é un fracaso".
  • O portavoz popular pídelle que sexa rigoroso e rétalle a que compare o resultado da xestión dos seus dez anos como Alcalde fronte os catro nos que estivo el.
 
Foto
barra

grupo municipal

26/05/2009

  • Os populares recordan que, tal e como figura no informe do Colexio de Enxeñeiros que outorga o premio, a infraestrutura conseguiuse grazas á declaración, no ano 1997, de obra de interese do Estado, cando nos gobernos de España, de Galicia e de Lugo estaba o Partido Popular.
 
Foto
barra

grupo municipal

25/05/2009

  • Os populares din que hai unha "paulatina e constante descomposición do goberno socialista" e censuran que o Alcalde xustifique os cambios coa desculpa de que "obedecen á modernización da xestión municipal".
  • García Díez anunciou que o seu grupo presentará unha proposición para que Orozco explique "os seus axustes" e para que adiante o debate do estado da Cidade previsto para setembro.
 
Foto
barra

empleoyssgg

22/05/2009

  • Os populares tamén criticaron que o goberno Local anuncie aos catro ventos funcións da súa web que en realidade non existen. Na actualidade só se poden pagar recibos.
  • Cristina Ares: "Se o gran avance para o PSOE é poder imprimir en casa os formularios e logo levalos ao rexistro do Concello en persoa, é que non entenden o concepto da administración electrónica".
 
Foto
barra

empleoyssgg

21/05/2009

  • As queixas rexistradas evidencian que o PSOE montou a oficina para contrarrestar a boa atención que se deu desde o Grupo Popular desde o día seguinte da súa aprobación.
 
Foto
barra

bienestar

20/05/2009

  • Os populares contrastaron está mañá con organizacións expertas na axuda social, o borrador desta iniciativa.
  • A idea é que o Concello poña en contacto aos doantes destes obxectos reutilizables cos receptores a través da web municipal e o 010, e que se facilite un local de almacenaxe.
 
Foto
barra

educacion

20/05/2009

  • O consello escolar do centro mostrou a súa preocupación pola salubridade da instalación, que "está perdida de excrementos".
  • Alicia Peña reclama unha solución inmediata porque o polideportivo ten moita actividade a diario. Estes días acolle o torneo provincial de futbito Liceo A Paz.
 
Foto
barra

rural

19/05/2009

  • O goberno é incapaz de controlar o lixo que se deposita neles. No de Mazoi é frecuente atopar todo tipo de residuos.
  • Sobre a posta en marcha dos novos puntos limpos na zona rural os populares presentarán un rogo para que se consensúen cos veciños a súa localización.
 
Foto
barra

empleoyssgg

18/05/2009

  • O PP denuncia que se gasta diñeiro en campañas publicitarias irreais.
  • Na campaña "Eu conecto" anúnciase aos cidadáns que poden realizar trámites na web que logo, salvo o pago de recibos, non son verdade.
  • Cristina Ares: "Se o gran avance para o PSOE é poder imprimir na casa os formularios e logo levalos ao rexistro do Concello en persoa, é que non entenden o concepto da administración electrónica"
 
Foto
barra

interior

18/05/2009

  • Na comisión de tráfico tomáronse en consideración as solucións do PP para resolver varios puntos negros da cidade.
  • Enrique Rozas: "Cando o goberno aparca a súa prepotencia e soberbia é capaz de entrar en razón e admite suxestións que son de sentido común para mellorar a seguridade viaria".
 
Foto
barra

grupo municipal

17/05/2009

  • Os populares recibiron esta mañá ao comité de empresa da factoría tras manter, o pasado mércores, unha reunión con directivos da empresa.
 
Foto
barra

empleoyssgg

15/05/2009

  • Cristina Ares acusa aos socialistas de ter parados equipos de última xeración en centros sociais da cidade e critica a falta de facilidades para usar as zonas de conexión existentes.
  • Os populares afirman que"a implantación das novas tecnoloxías nos centros sociais, lonxe de ser real, só se reduce a campañas publicitarias".
  • Pide a Zarzuela cumpra os compromisos que o Goberno alcanzou co Partido Popular para crear zonas de acceso libre a Internet.
 
Foto
barra

grupo municipal

14/05/2009

  • O portavoz popular destacou a gravidade da situación xa que "estar imputado non é ir de testemuña".
  • O Concelleiro de Tráfico e Réxime Interior de Lugo, imputado na trama das multas.
 
Foto
barra

medioambiente

11/05/2009

  • O goberno local, por enésima vez, vai incumprir as súas promesas.
  • En xaneiro aseguraron que estaba a piques de rematarse esta fase do parque e dábanse como prazo de final ás eleccións autonómicas.
 
Foto
barra

grupo municipal

09/05/2009

  • A pesar do que afirma o Alcalde, o proxecto de Fomento non contempla o enlace da nova ponte coa cidade, senón unicamente coa Nacional VI.
  • O portavoz popular, Joaquín García Díez, ofreceu o apoio do Grupo Municipal Popular para buscar solucións adecuadas e levar unha proposta común ao Ministerio de Fomento.
  • García Díez recorda que na campaña electoral das municipais de 2007, o PP foi "o único partido que se mollou claramente en dar unha opinión sobre este enlace".
  • Na proposición pídese a Fomento "que delegue no Concello de Lugo as decisións sobre a ordenación do tráfico rodado e peonil da chamada Ponte Romana".
 
Foto
barra

cultura

07/05/2009

  • Na presentación das contas das festas de 2008 e das bases técnicas para 2009, os populares reiteraron a "man tendida" do PP para a elaboración do programa.
  • PSOE e BNG rexeitan a proposta popular de instaurar un "día dos nenos", con descontos nas atraccións para os máis pequenos.
  • Alicia Pena chamou a atención sobre unha nova falta grave incorporada ás bases, inspirada nunha denuncia do Partido Popular presentada o pasado ano.
 
Foto
barra

educacion

06/05/2009

  • Alicia Pena reclama a retirada das instalacións sen homologar e que se substitúan por antenas máis seguras.
  • Os populares confían en que o goberno tómese en serio este asunto e que non ocorra o mesmo que co recoñecemento que se fixo das instalacións eléctricas cando "redactaron os informes pero non corrixiron as anomalías".
 
Foto
barra

grupo municipal

04/05/2009

  • O Pleno iniciouse coa lectura dunha Declaración Institucional acordada por unanimidade dos tres grupos con representación en Lugo, en que se declaraban dous días de loito oficial e trasladábase á familia, amigos e equipo do EMEVÉ o pesar dos lucenses.
  • O Grupo Municipal Popular só utilizou unha quenda por intervención, en que foi moi conciso, xa que "aínda que a vida municipal non se pode paralizar, non temos ánimos para entrar a debater temas que hoxe parecen menos transcendentes á luz dos acontecementos".
 
Foto
barra

empleoyssgg

02/05/2009

  • Do informe mensual cabe destacar unha queixa pola lentitude coa que o concello resolve a problemática da venda de coches na rúa.
  • Os problemas co lector de bono bus na liña do campus e as carreiras na rolda da muralla son outras das queixas abordadas neste foro.
 
Foto
barra
 

 

---------------------------------------------------------------
 
Noticias anteriores
2009
.
             
 
Maio
Xuño
 
 
Xullo
Agosto
Setembro
Outubro
Novembro
Decembro
      .      
             
2008
.
             
 
 
 
      .      
2007
.
             
 
Enero
Febreiro
Marzo
Abril
Maio
 
 
      .      
       
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
       
  política de privacidad y condiciones de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular en el Ayuntamiento de Lugo