Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

grupo municipal

29/01/2009

  • O calendario, que se desenvolverá ao longo de febreiro, prevé máis de medio centenar de reunións abertas ao público interesado.
  • As persoas que acudiron chaman a atención sobre o feito de que o Partido Popular estea informando polos barrios mentres que o Concello non o fará ata o día 25 de febreiro.
 
Foto
barra

empleoyssgg

28/01/2009

  • Cristina Ares: "En oito meses o equipo de Orozco foi incapaz de pronunciarse sobre cuestións vitais como o número de distritos ou a elección de pedáneos".
 
Foto
barra

grupo municipal

27/01/2009

  • José Manuel Barreiro explicou que "atenderase persoalmente aos veciños que necesiten aclarar dúbidas sobre o documento".
  • Mañá mércores os populares iniciarán a campaña informativa a pé de rúa. Estarán no CEIP de Albeiros a partir das 20.30 horas.
 
Foto
barra

cultura

27/01/2009

  • Os populares tachan novamente de ?despilfarrador? ao goberno de Orozco, "por gastar o diñeiro de todos os lucenses en novo material promocional, desaproveitando recursos que hai no Concello para promocionar á cidade en feiras como a que mañá se inaugura en Madrid (FITUR)".
  • O edil Enrique Rozas pide que se recupere esta reprodución a escala e que se coloque en dependencias municipais como o Centro de Interpretación da Muralla.
 
Foto
barra

grupo municipal

26/01/2009

  • Os deputados populares de Lugo e Ourense reclaman que se lle retire a cualificación de liña de Alta Velocidade porque non cumprirá nin sequera os estándares fixados para as liñas de Altas Prestacións de velocidade alta.
  • Sinalan que máis de 72 km do itinerario, un 69% do traxecto (dúas terceiras partes da obra), non serán aptos para superar os 160 km/h.
  • No tramo Ourense-Peares, onde se aproveita parte dun trazado deseñado en 1880 "non se poderán conseguir velocidades superiores a 120 km/h".
  • Solicitan a comparecencia urxente no Congreso da secretaria de Estado de Infraestruturas para que explique os motivos polos que o ministerio condena a esta liña a velocidades moi inferiores ás da alta velocidade.
  • Recordan que hoxe se cumpren seis anos do inxustificable atraso na tramitación desta liña.
 
Foto
barra

interior

26/01/2009

  • Enrique Rozas: "Houbo escaseza de efectivos, e problemas graves de comunicación entre os corpos de seguridade".
  • O concelleiro popular pregunta quen estivo á fronte do operativo e recrimina que non se convocase a Xunta Local de Seguridade.
  • Os populares felicitan aos bombeiros, policías e voluntarios de protección civil que traballaron arreo, durante todo o fin de semana, para paliar as consecuencias do temporal.
  • Os deputados galegos do PP reclaman ao Goberno un real decreto con axudas urxentes e piden ao Consorcio de Seguros que axilice os pagos aos afectados.
  • Os deputados da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra demandan ao Executivo de Zapatero o mesmo trato que con ocasión doutras catástrofes deuse a outras comunidades autónomas.
 
Foto
barra

bienestar

25/01/2009

  • Sofía López propón que as liñas deste programa consensúense coas ONGs, asistentes sociais e outras entidades implicadas.
  • Os populares consideran que a comisión de Muller e Benestar Social é o lugar adecuado para debater as liñas de actuación deste programa.
  • Para a edila popular é indignante que Carmen Basadre afirme que "sobra diñeiro" de urxencia social e que non ten constancia de que aos lucenses aféctelles a crise.
 
Foto
barra

grupo municipal

21/01/2009

  • O Partido Popular traballou desde o comezo do proceso para mellorar un plan que non era o seu.
  • Sen ser de primeira, este documento dá resposta a moitos problemas urbanísticos que o documento en vigor, do ano 90, non contempla porque está xa esgotado.
  • O PP pondr á en marcha unha campaña informativa con actos nos barrios e montará unha oficina "para prestar unha atención máis personalizada".
 
Foto
barra

grupo municipal

20/01/2009

  • Na comisión de planeamento celebrada hoxe os populares non aprobaron o ditame logo de denunciar os erros e contradicións da documentación.
  • García Díez critica a ausencia do alcalde na comisión e acúsao de prepotencia "debería adoptar un posicionamento de humildade intentando buscar os apoios doutros grupos".
  • Os populares volveron reclamar que se garanta a seguridade xurídica, que se respondan todas as alegacións e que se admitan as suxestións do PP.
 
Foto
barra

grupo municipal

19/01/2009

  • Durante a súa intervención acusou ao bipartito da Xunta de non preocuparse polas necesidades do campo, e de desprezar ao medio rural ao dicir que "o PP gaña nas aldeas".
 
Foto
barra

grupo municipal

18/01/2009

  • O deputado e portavoz lucense Joaquín García Díez solicita que a venda en liña permita seleccionar asentos tamén en camas e literas.
  • Reclama que se poidan adquirir billetes cunha antelación superior aos 62 días fixados actualmente.
 
Foto
barra

grupo municipal

17/01/2009

  • Facturas sen propostas de gasto, contratos menores sen pedir as tres ofertas que esixe a lei... Esa é a transparencia do equipo de Orozco.
  • A propaganda é o primeiro obxectivo de Orozco: gástanse máis do dobre en publicidade dos almorzos saudables que nos alimentos que reparten.
  • O Plan Urban xa ten a súa primeira obra: facer o seu logotipo por 754 € (máis de 120.000 das antigas pesetas). Esas son as prioridades do goberno de Lugo.
 
Foto
barra

medioambiente

16/01/2009

  • Teresa Taboada comprobou "in situ" que para concluír a obra quedan algo máis que "pequenos remates".
  • Orozco prometera telo listo en 2004, e xa van dous mandatos incumprindo a palabra dada.
 
Foto
barra

grupo municipal

15/01/2009

  • PP levará ao Pleno unha proposición para que os convoys que RENFE retira noutros puntos dean servizo en Lugo. "Mellor un tren de segunda man que ningún. A ver que escusa pon para non conceder a Lugo nin iso".
  • Joaquín García Díez: "É unha proposta factible, cumplible e realizable a curto prazo".
  • Os populares critican que "unha vez máis Lugo aparece marxinada dentro dos plans do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galicia".
  • García Díez criticou o afán propagandístico de Orozco por reactivar temas caducados e que agora cobran vida pola proximidade de eleccións en alusión á Comisión do AVE creada en 2003.
 
Foto
barra

interior

14/01/2009

  • Os populares propón renegociar a concesión do guindastre para acabar co pozo sen fondo que supón manter o servizo.
  • Desde que se adxudicou custoulle ao Concello 1.116.000 euros.
  • De seguir a este ritmo, cando termine a concesión o Concello levará pagado máis de 4 millóns de euros.
 
Foto
barra

bienestar

13/01/2009

  • Sofía López Linares acusa ao equipo de Orozco de improvisación e de programar "sen xeito nin dereito" as actividades dos maiores.
 
Foto
barra

interior

12/01/2009

  • Os populares critican que a sala de control estea pechada "a cal e canto" fins de semana e festivos e que os axentes non poidan acceder a estas dependencias situadas na propia sede da policía local.
  • Enrique Rozas recordou que con Orozco como alcalde se optou por externalizar o servizo deixando á marxe aos policías locais.
 
Foto
barra

educacion

11/01/2009

  • Tan só nas entradas de cinco dos 14 centros de ensino visitados está prohibido aparcar, e unicamente tres deles teñen rebaixes para facilitar o acceso a vehículos.
  • A seguridade dos nosos menores é fundamental, e non se prevé que poida necesitar acceder, por exemplo, un coche de bombeiros ou unha ambulancia nunha urxencia.
 
Foto
barra

grupo municipal

10/01/2009

  • O auditorio de Lugo, cheo ata a bandeira, recibiu a Alberto Núñez Feijóo e ao Presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy.
 
Foto
barra

grupo municipal

09/01/2009

  • O extraordinario ambiente de amizade e camaradería da cea de Nadal deste ano presaxia unha gran implicación das bases do PP na próxima campaña electoral.
 
Foto
barra

grupo municipal

09/01/2009

  • O portavoz popular entregou unha carta en man ao Presidente da Xunta explicando os motivos polos que o seu grupo non acudiu á convocatoria desta tarde.
  • Joaquín García Díez: "É unha ofensa aos lucenses e un paso atrás que transcorridos 10 anos vólvase a presentar algo que xa existía".
  • Os populares advirten que este acto é o preludio doutros similares "nos que altos representantes socialistas virán con planos e maquetas a recordarnos que Lugo terá unha nova ponte, ou que o AVE xa está, segundo eles, en Pobóaa de San Julián" .
  • O novo auditorio terá unha capacidade máxima de 910 butacas. Choca recordar que Orozco cualificaba de "galponciño" o proxecto de San Fernando, con capacidade para 1.200 persoas.
 
Foto
barra

economia

09/01/2009

  • Na xunta de compras os socialistas volveron presentar facturas atrasadas sen proposta de gasto por case 100.000 euros.
  • O Grupo Municipal Popular insiste en que se clarifique o caos na xestión do punto limpo.
 
Foto
barra

grupo municipal

08/01/2009

  • O deputado popular, Joaquín García Díez, cualifica de previsible leste "dramático balance" froito da incapacidade de Zapatero de ofrecer solucións á crise.
 
Foto
barra

grupo municipal

08/01/2009

  • É unha tomadura de pelo que o equipo de Orozco adxudique a terminación da obra do centro de interpretación da Muralla a unha empresa que deixou mal acabado o proxecto da escola de Bóveda.
 
Foto
barra

interior

07/01/2009

  • Enrique Rozas: "Ademais da mala imaxe constitúen un perigo e un foco de infección. Algúns ata levan máis dun ano na rúa desmantelados, con rodas picadas e cristais rotos".
  • O Grupo Municipal Popular critica a lentitude e a ineficacia do equipo de Orozco á hora de resolver esta situación.
 
Foto
barra

grupo municipal

05/01/2009

  • Un ano máis, os tres magos de oriente chegan á cidade para premiar a quen se portaron ben no ano 2008.
  • Baltasar foi o rei máis próximo e achegouse ao numeroso público para saudar aos nenos que se apiñaban para falar coas súas maxestades.
 
Foto
barra

urbanismo

04/01/2009

  • O PP xa advertira que a obra estaba mal rematada e que as lousas levantábanse no momento da súa terminación.
 
Foto
barra

bienestar

03/01/2009

  • O novo sistema atrasa ata 10 días a cita previa co médico de cabeceira.
  • O Grupo Municipal Popular reitera que este sistema non funciona e que o único que fai é complicar a vida aos cidadáns sen que se vexa ningunha vantaxe a cambio.
 
Foto
barra

cultura

02/01/2009

  • O vidro foi esnaquizado aos poucos días da súa colocación. A fiestra levaba selada cun ferro metálico máis de catro anos.
 
Foto
barra

 

 

---------------------------------------------------------------
 
Noticias anteriores
2008
.
             
 
 
 
      .      
2007
.
             
 
Enero
Febreiro
Marzo
Abril
Maio
 
 
      .      
       
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
       
  política de privacidad y condiciones de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular en el Ayuntamiento de Lugo