-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide ao Goberno Local que se tome en serio os problemas dos veciños e dea solucións reais ás reclamacións presentadas na comisión de suxestións

 
 
30/12/2009
empleoyssgg
     
 
  • Cristina Ares afirma que "moitas veces no canto de resolver os problemas, o goberno local, só informa e bota balóns fóra".
  • Os populares anuncian que presentarán unha iniciativa en apoio á suxestión dunha lucense para facilitar a tramitación de documentos, nas dependencias municipais, a persoas con minusvalías.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular critica a falta de interese do goberno local á hora de solucionar os problemas que expón os veciños a través da comisión de reclamacións e suxestións.

A presidenta do citado órgano, a popular Cristina Ares, considera que non é de recibo que as respostas que se dan non resolvan os problemas cidadáns. Entre outros exemplos citou:

A resposta da responsable de cultura a un hostaleiro situado no camiño primitivo que se ofrece a apoiar o labor de promoción de turismo e que solicitaba material informativo para facilitar aos peregrinos que o pidan. A concelleira limítase na súa resposta a trasladar esta responsabilidade aos propios empresarios "cederá os ferros dos folletos turísticos á Asociación provincial de hostalería para que realicen as impresións necesarias".
Os populares pregúntanse para que serven os folletos de promoción do Concello e cualifica de "bochornosa" a contestación de Concepción Burgo que "demostra o que lle interesa ao goberno municipal a promoción do turismo na cidade".

O goberno local xustifica a facturación elevada do terceiro trimestre do recibo da auga na baixa laboral do funcionario que tiña que facer a lectura a domicilio. De feito presentáronse dúas reclamacións que afectan ao servizo de augas. Unha que ten que ver coa responsabilidade do pago dun exceso de consumo de auga por rotura dunha tubaxe deteriorada polos ratos e outra polo elevado importe da fianza que se deposita para dar de alta á subministración de auga. (55,62 euros).

O Grupo Popular tamén anunciou que velará para que o goberno local cumpra co compromiso de establecer un regulamento de funcionamento das ociotecas e aulas abertas que dea preferencia aos fillos de pais que traballen.
 
       
 
Por outra banda, no informe do último mes da Comisión de suxestións e reclamacións presentáronse tamén 10 reclamacións.

Entre as habituais que chegan á comisión, cada mes, figuran as relacionadas co transporte, en concreto con problemas nos autobuses urbanos.
Foto
 
     
 
Atraso en mes e medio da entrega do cartón de bus a un usuario que tiña o pase estragado con consecuente prexuízo económico.

Atrasos habituais na liña 6 (Montirón - A Cheda). A veciña que presenta a reclamación indica que son necesarias "medidas para que o transporte urbano sexa unha opción fiable para os usuarios".

Hai unha terceira para a área de interior e protección da comunidade relativa á actuación da policía respecto ao estacionamento incorrecto de vehículos en cálea Pintor Villamil. Os veciños desta vía afirman que se entorpece o tráfico e dificúltanse a entrada en vaos.

En canto ao área de servizos xerais recibíronse, neste último mes, catro reclamacións: tres sobre atención ao cidadán en centros municipais e outra sobre funcionamento do rexistro. Cristina Ares indicou que "é vergoñoso que por unha falta de planificación adecuada nos últimos días estéanse formando longas colas en diferentes servizos do edificio administrativo municipal".

En cuanto al área de servicios generales se recibieron, en este último mes, cuatro reclamaciones: tres sobre atención al ciudadano en centros municipales y otra sobre funcionamiento del registro. Cristina Ares indicó que “es vergonzoso que por una falta de planificación adecuada en los últimos días se estén formando largas colas en diferentes servicios del edificio administrativo municipal”.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo