| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular denuncia que a falta de ateigados da policía local impide practicar a proba de alcoholemia "in situ" nun accidente da Rolda da Muralla
|
|
| |
29/12/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
O implicado no sinistro foi sometido á proba definitiva tres horas despois do suceso, tras o seu paso polo hospital xeral.
-
Enrique Rozas pide ao goberno local que programe mellor os servizos de policía de face ás noites de movida que quedan destas festas.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia un "novo despropósito" no funcionamento da policía local de Lugo. A falta de axentes da unidade de ateigados provocou un novo caso "disparatado": a un veciño que sufriu un accidente de tráfico ás 8:10 horas na rolda da muralla na madrugada do sábado 26 de decembro, non lle puideron facer "in situ" as probas de alcoholemia. Tiveron que pasar ata tres horas para que lle practicasen (11:45 horas) as probas definitivas.
A nefasta reestruturación da policía volve quedar en dúbida con este último suceso xa que cando se incorporou o primeiro axente á unidade de ateigados, ás nove da mañá, descoñecía a existencia do accidente. Para o edil Enrique Rozas, "unha vez máis queda en dúbida a falta comunicación entre as cinco unidades creadas ao amparo da reestruturación da policía local feita polo goberno de Orozco".
De face ao fin de Ano e os días festivos que quedan, o Grupo Popular pide que se organicen os servizos necesarios na policía para evitar sucesos deste tipo. |
|
| |
|
|
|
| |
Enrique Rozas explicou que tamén o día de Nadal, entre as seis e as nove da mañá, non houbo nin servizo de ateigados, nin patrulla verde, nin centro de mando. Dos vinte axentes da quenda soa tres estaban operativos, non habendo ningún policía na rúa. |
|
|
| |
|
|
|
|