-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular di NON a unhas contas feitas "a medida para un goberno esgotado"

 
 
28/12/2009
grupo municipal
     
 
  • Os populares non apoiarán un orzamento que reduce nun 30,35% o gasto en persoas, e que dedica o 80% a gasto corrente.
  • Jaime Castiñeira: "os orzamentos que nos presentan para 2010 son pouco cribles con previsións irreais de taxas significativas (IBI, IAE").
  • Orozco é un mal xestor "entre o que promete e o que finalmente realiza hai unha diferenza abismal".
  • Os populares destacan que o grao de execución dos investimentos comprometidos nos últimos anos non alcanza nin a cuarta parte do previsto.
 
barra
           
 
O grupo municipal do PP rexeitou no Pleno da aprobación inicial dos orzamentos para 2010 o documento presentado polo Goberno local.

O portavoz dos populares, Jaime Castiñeira, afirma que o seu grupo non pode apoiar un orzamento que:

- baixa o investimento nun 44% .
- dedica o 80% do total ao gasto corrente. Destina 3.200.000 euros en gastos diversos e propaganda. Máis da metade deste desembolso é innecesario. Máis de 4.000 euros diarios malgástanse en petiscos e propaganda.
- presenta unha redución do gasto social nos cinco alicerces fundamentais do orzamento destinado as persoas.

Concepto Ano 2009 Ano 2010 Rebaixa
Fomento do emprego 6.866.268 2.285.465 66,71%
Asistencia social 9.902.570 8.051.724 20,00%
Educación 2.744.770 2.506.501 8,70%
Cultura 3.796.056 3.377.009 11,00%
Deportes 4.278.428 2.993.744 30,00%
TOTAL 27.588.092 19.214.443 30,35%

- non é crible porque a execución dos investimentos non chega nin á cuarta do previsto en anos anteriores.

- non reduce o soldo de altos cargos, concelleiros e asesores.
 
       
 
Para o portavoz popular "o Concello debería ser un exemplo de austeridade para poder concentrar os esforzos nos moitos problemas reais do municipio".
Foto
 
     
 
"En política estamos para servir, non para servirnos. E neste momento somos máis útiles rebaixando os salarios de todos os cargos do goberno", subliña Jaime Castiñeira.

Previsións irreais.-

Para os populares é rechamante que nalgunhas previsións en impostos e taxas importantes, o Goberno local pareza facer "as contas da leiteira". O portavoz popular cita dous exemplos curiosos:

- Na previsión de ingreso polo Imposto de Bens Inmobles para 2010 contémplase un incremento do 8,6% respecto ao 2009. Orzan un aumento na recadación de 1.050.000 euros máis que o ano pasado. Tendo en conta que o recibo medio que pagan os lucenses do IBI é de 200 euros estariamos falando de que se ten que producir un incremento do padrón de 5.250 vivendas.
- No caso do Imposto de actividades económicas tamén se prevé un incremento, con respecto ao anterior exercicio, nun 30%, o que a crise económica hai pouco crible.

Tendencia negativa na execución do orzamento.-

Os populares consideran que os compromisos de Orozco son "pouco cribles" porque "entre o que promete e o que finalmente realizan hai unha diferenza abismal". Jaime Castiñeira puntualizou que ata no último informe do Consello de Contas recrimínaselle publicamente o escaso nivel de execución: "Lugo non alcanza nin a cuarta parte das obras previstas".

No nivel de execución dos orzamentos en 2008 a 31 de decembro recadouse menos da metade do previsto. (47,47%). En concreto no capítulo VIN (investimentos) só había un 27% executado ou obrigacións recoñecidas.

Canto ao nivel de execución dos orzamentos de 2009 é "escandalosamente baixo" a 30 de setembro.

Nivel de cobro de ingresos: 36%
Nivel de execución do plan de investimentos: 19%

As propostas do PP.-

Castiñeira recordou que desde o Grupo Municipal, ao longo destes dous últimos anos, solicitouse reiteradamente a posta en marcha de medidas eficaces para optimizar cada euro do orzamento municipal:

Plan para elevar o grao de execución do orzamento ordinario do investimento. A iniciativa, rexeitada polo goberno local, o que perseguía era "axilizar a execución de obras na cidade que se eternizan".

O Grupo Popular tamén presentou unha proposta para crear unha comisión de control de gasto ligada a un Plan de austeridade co obxecto de reducir ao máximo o gasto superfluo e garantir a prestación de servizos aos cidadáns e, sobre todo, o gasto social asistencial. Tanto PSOE como BNG impediron que prosperase esta iniciativa.
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo