-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular ofrecerá a Orozco unha segunda oportunidade para suspender as sancións do PEPRI

 
 
22/12/2009
grupo municipal
     
 
  • O portavoz do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, avanzou que esta mañá se presentou, por vía de urxencia, unha iniciativa para deixar en suspenso a apertura dos expedientes do Pepri.
 
barra
           
 
O Grupo Popular contará no pleno do próximo luns 28 de decembro cos seus nove concelleiros. O edil que substitúe a Joaquín García Díez, tras a súa renuncia á portavocía, é José Antonio Díaz Escolante. A credencial de concelleira emitida pola Xunta Electoral Central chegou ao rexistro do concello este luns, 21 de decembro.

Díaz Escolante é licenciado en psicopedagoxía e na actualidade Director do Colexio de Paradai; tamén é Presidente da Asociación de Artistas plásticos. Esta é a súa primeira incursión na vida política. Está casado e ten unha filla. José Antonio Díaz figuraba no posto número 10 da lista de candidatos presentada polo Partido Popular ás eleccións locais de maio de 2007.
 
       
 
O portavoz popular avanzou que o novo concelleiro ocuparase da área de Cultura e turismo, competencia que asumía ata o de agora a edila Alicia Pena quen continuará co control da área de educación e a maiores asume competencias en mercados e anciños, da área de servizos sociais.
Foto
 
     
 
2ª Oportunidade.-

Logo de confirmar esta noticia o portavoz do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, avanzou que esta mañá se presentou, por vía de urxencia, unha iniciativa para deixar en suspenso a apertura dos expedientes do Pepri.

Os populares recordan como no último pleno "o alcalde tivo que facer uso do voto de calidade" impedindo que prosperase a iniciativa popular. Castiñeira confía en que "Orozco e os seus recapaciten e cambien o sentido do seu voto e nese sentido bríndalles unha segunda oportunidade".

Os populares cren que o Pepri estase aplicando de forma inxusta e afirman que se utiliza unha dobre vara de medir en alusión ao recoñecemento, por parte do goberno local, de que hai edificios municipais, inaugurados recentemente, que incumpren a normativa.
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo