| |
O Grupo Municipal do Partido Popular presentará un rogo para o próximo pleno co obxecto de que se mellore a sinalización do punto limpo que xestiona no CEAO. A concelleira popular, Teresa Taboada, comprobou que os lucenses que queren desfacerse dos residuos comúns que xeran nas súas vivendas teñen dificultades para localizar esta instalación.
Na actualidade os únicos tres carteis que hai no polígono son inútiles: "un está colocado na porta do punto limpo, outro arrincado está apoiado nun muro e para rematar atopámonos un diante da ITV".
No rogo que presentaron hoxe os populares reclaman unha sinalización correcta desta instalación "o goberno local quéixase de que os veciños deixan en calquera parte os residuos. Está claro que non se pode esixir aos lucenses que sexan moi ecoloxistas e que reciclen cando non se facilita información de como chegar ao momento limpo para entregar os residuos". |
|