-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular atribúe os atrasos en obras do plan E á improvisación do goberno local

 
 
18/12/2009
grupo municipal
     
 
  • Castiñeira critica que se executen obras sen supervisar antes os terreos, ou no caso da casa do concello, sen revisar a estrutura do edificio.
  • Os populares anunciaron que farán un "seguimento exhaustivo" destas actuacións xa que temen que, se hai atrasos na prórroga que se acaba de solicitar, póidase perder o financiamento.
 
barra
           
 
O Grupo Popular anunciou que fará un seguimento exhaustivo da marcha das obras financiadas co Plan E. O portavoz popular advertiu que "aínda que se lles conceda a prórroga, se a empresa adxudicataria non remata as obras, nos seis meses previstos, poderíanse perder os fondos asignados e o concello tería que asumir os pagos".

Atrasos froito da improvisación.-

O Grupo do Partido Popular achaca que os atrasos en obras financiadas con fondos do Plan E "son froito da improvisación que caracteriza a xestión do goberno de Orozco".

Entre os exemplos que destacou hoxe o portavoz popular, Jaime Castiñeira está o da casa da mocidade que se está construíndo en Sanfiz. O portavoz popular criticou que o concello propuxese facer esta actuación "sen mirar como estaba o terreo antes" e explica que "nin tan sequera foron a pisar a zona da obra onde había dúas torretas e unha liña de media tensión". Xusto por esta circunstancia unha obra que tiña que rematar a 31 de decembro estivo paralizada ata o pasado mes de outubro.
 
       
 
Dentro do "barullo e da falta de planificación do goberno local" os populares referíronse ao proxecto da rehabilitación da casa do concello do que tamén se pediu prórroga. Castiñeira opina que é "inconcibible" que nunha obra de arranxo dunha cuberta non se analizase previamente o estado da estrutura recordando como fai uns días caeu o falso teito do salón de comisións.
Foto
 
     
 

Batería de preguntas.-

Á vista das distintas prórrogas que o concello solicitou para obras do plan E que non finalizaron en prazo os populares presentaron, esta mañá, unha batería de preguntas. Entre outros aspectos queren saber:

1. Que obras con cargo ao Plan E están aprazadas"
2. Cal é a situación e prazos previstos para finalizar devanditas obras"
3. Cales foron os motivos de adiamento de cada unha das obras"

"Ao alcalde éncheselle a boca de falar de plans estratéxicos, de plans de mobilidade pero á vista salta que non sabe cal é o seu modelo de cidade. Co Plan E está claro que a improvisación marcou a selección destas obras"

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo