| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular critica que a falta de control do gasto obrigue a Orozco a pagar sistematicamente facturas de anos anteriores
|
|
| |
17/12/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O grupo popular demanda aos concelleiros socialistas maior responsabilidade no manexo dos diñeiros de todos os lucenses, máxime ante a baixada da recadación do Concello de Lugo por causa da crise económica.
A popular Cristina Ares indicou como este ano, engádense aos presupostos gastos executados ao longo dos exercicios 2004, 2005, 2006, 2007 e 2008 que non foron imputados ás respectivas partidas dos orzamentos entón vixentes. Para a edil popular hai unha falta de control que se repite con certa frecuencia "xeralmente por omisión do deber de verificar a existencia de crédito orzamentario e seguimento na execución do gasto", como pon de manifesto o informe de intervención sobre este asunto. |
|
| |
|
|
|
| |
Ares aclara que o recoñecemento extraxudicial de créditos, consistente na incorporación ao orzamento vixente de gastos realizados en anos anteriores, é un mecanismo que a lei prevé como excepcional para a protección dos provedores. |
|
|
| |
|
|
| |
Con todo, o equipo de Orozco aplícao de forma recorrente, algo censurable porque supón unha quebra do propio concepto de orzamento e dos principios de anualidade e especialidade que sinalan o artigos 176 e 172 respectivamente do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, ao imputarse gastos ao orzamento do ano seguinte por non existir crédito no orzamento de orixe.
As facturas que se engadiron aos orzamentos de 2009 suman un total 266.529,46 euros, que corresponden a conceptos como:
- Consumo de enerxía depuradora de Meilán (Data: marzo a maio/2007; importe: 137.246, 22 euros)
- Sinalización horizontal da cidade de Lugo (Data: 12/08/2008; importe: 73.792,70 euros)
- Gas CEI-NODUS (Data: varias/2007 e 2008; importe: 15.833,16 euros)
- Publicidade 7ª Mostra de Teatro Clásico 2007 (Importe: 4.199, 20 euros)
- Aloxamento do xurado dos premios da Crítica Literaria/2005 Edición "Hac Loce" (Data: 03/04/2006; importe: 4.067,37 euros)
- Representacións escénicas (Data: varias/2007; importe: 1.671,41 euros)
- Publicidade ciclo de Teatro en Galego 2008 (Importe: 1.090,40 euros)
|
|
| |
|
|
|
|