-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular esixe explicacións a Zarzuela polos excesivos atrasos na implantación da Administración Electrónica

 
 
16/12/2009
empleoyssgg
     
 
  • Os populares animan ao conxunto da cidadanía a presentar alegacións para mellorar o proxecto aprobado inicialmente no pleno do luns.
  • Os populares preguntan onde foron a parar os máis de 3 millóns de euros dos programas en marcha nestes tres anos para constituír este servizo.
 
barra
           
 
O goberno socialista é incapaz de redeseñar os procedementos administrativos para que os lucenses poidan facer exercicio do seu dereito a relacionarse coa administración local por medios e canles electrónicas, a partir do día 1 de xaneiro de 2010 (data prevista para a adaptación da totalidade dos procedementos na Lei 11/2007).

A edil Cristina Ares recorda que "este servizo" trátase dun deber establecido primeiro pola Lei 57/2003, de medidas para a modernización do goberno local ("Lei de grandes cidades"), e de xeito máis específico na Lei 11/2007, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Desde a presentación do portal web do Concello, en maio de 2008, o equipo de Orozco non conseguiu incorporar nin un só trámite, a pesar das constantes promesas da Concelleira delegada de Servizos Xerais, que chegou a afirmar o día 25 de agosto de 2008 que se estaba traballando en cinco novos procedementos que a cidadanía podería realizar a través do portal web antes do 31 de decembro de 2008: alta de padrón, licenza de obra maior, licenza de obra menor, actividades cualificadas e contrato de servizos.
 
       
 
Cristina Ares critica que "non só levemos un ano de atrasos respecto do comprometido polo goberno local senón que algún destes procedementos nin estarán a medio prazo, pois nin tan sequera figuran no catálogo que do Anexo I da ordenanza de administración electrónica".
Foto
 
     
 
O goberno socialista tampouco ten feitos os deberes no que alcanza ás relacións con outras Administracións Públicas, empresas e profesionais a través de servizos electrónicos de acceso restrinxido.

Gastos sen resultados.-

Para a concelleira popular a incapacidade de xestión do goberno de Orozco neste ámbito é especialmente rechamante tendo en conta que existiu un Director Xeral de Novas Tecnoloxías e Sociedade da Información, encargado deste asunto, que abandonou as súas responsabilidades por causas aínda sen aclarar cumpridamente logo de custar á cidadanía case 50.000 euros anuais.

Ares pide explicacións dos gastos acometidos nestes últimos tres anos para a adaptación do Concello de Lugo á prestación de servizos electrónicos. Os populares queren tamén saber as razóns polas que o goberno de Orozco ten máis dificultades, que os doutras cidades de similares características, para implementar o cartón cidadán.

Fai falta recordar que o proxecto Lugo Dixital, que comezou a executarse a finais de 2005 e que tiña entre as súas actuacións previstas o desenvolvemento do portal municipal e a adquisición da infraestrutura necesaria para o seu soporte tecnolóxico tivo un custo de 1.535.000 euros; o proxecto Lugo Cidade Singular, que contemplaba entre as súas actuacións un proxecto de subministración dos elementos de hardware e desenvolvemento dos servizos telemáticos asociados á implantación do cartón cidadán supuxo un desembolso de 1,1 millóns de euros públicos; e o Lugo 24X7, 195.301 euros na súa Fase I para a implantación dun servizo de asistencia técnica centrado no desenvolvemento dun sistema de xestión de expedientes corporativo (ferramenta necesaria para a administración electrónica), e 338.000 euros na súa Fase II.
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo