| |
O portavoz do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, anunciou hoxe que o seu grupo volverá presentar unha iniciativa para deixar en suspenso os expedientes sancionadores abertos do Pepri aos comerciantes do casco histórico, así como para iniciar os trámites para revisar a normativa.
O portavoz popular recriminou "a tozudez do alcalde, por aplicar de forma inxusta a interpretación desta normativa e por votar, onte no pleno, en contra da proposta popular".
"É escandaloso que despois de que o goberno local recoñecese que os edificios do concello, inaugurados recentemente, incumpren o Pepri esíxase aos demais cumprir a normativa" |
|