-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O novo portavoz do grupo popular reúne ao seu equipo para planificar o traballo de face ao 2010

 
 
15/12/2009
grupo municipal
     
 
  • Castiñeira anuncia que intensificará a política de rúa.
  • Levaremos a oficina fóra da casa do Concello, montando puntos de encontro en barrios e parroquias.
  • Coa incorporación de José Antonio Díaz Escolante, en substitución de Joaquín García Díez, faranse reaxustes de funcións no grupo.
 
barra
           
 
O comité executivo do Partido Popular designou onte de forma oficial ao deputado autonómico e concelleiro Jaime Castiñeira, como portavoz do Grupo Municipal Popular. Cunha reunión co seu equipo do Concello abría esta nova etapa na portavocía do grupo popular. Os nove concelleiros que forman parte do grupo popular analizaron as liñas de traballo a seguir en 2010.

Castiñeira explicou que "faranse reaxustes nas áreas que dependen de cada edil co obxectivo de dar xogo ao novo concelleiro que entrará no grupo no próximo pleno". Os retoques faranse efectivos tras a toma de posesión do novo edil.

Entre outras cousas acordouse seguir mantendo reunións semanais todos os venres para planificar o traballo do equipo da semana.
 
       
 
En canto ás estratexias de traballo o novo portavoz dos populares xa avanzou que un dos primeiros proxectos que porá en marcha será o de trasladar as oficinas do grupo aos distintos barrios "é un proxecto que responde ao concepto que teño da política de barrio, está ben facer visitas periódicas a cada zona pero nós queremos algo máis. O que propomos é montar un punto de encontro en cada barrio para que os veciños téñannos a man para trasladar calquera suxestión ou demanda para o seu barrio".
Foto
 
     
 
 
     
 

José Antonio Díaz Escolante.-

O concelleiro que substituirá a Joaquín García Díez, José Antonio Díaz Escolante é licenciado en psicopedagoxía e na actualidade Director do Colexio de Paradai; tamén é Presidente da Asociación de Artistas plásticos. Esta é a súa primeira incursión na vida política. Está casado e ten unha filla.

 
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo