-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pide un consenso unánime para o plan de mobilidade

 
 
15/12/2009
interior
     
 
  • Rozas: "trátase dunha actuación ambiciosa pero necesaria que xa tiña que haberse acometido moito antes".
  • Os populares satisfeitos porque o documento incorpora algunhas das súas propostas.
  • O edil popular anuncia que, esta tarde, pedirá explicacións sobre como se resolverán os problemas de tráfico nas principais entradas á cidade en especial no barrio da estación onde se situará a futura intermodal.
 
barra
           
 
O Grupo Popular quere saber como resolve o plan de mobilidade os principais accesos á cidade. O concelleiro, Enrique Rozas, quere saber se se contempla solucións no barrio da estación onde está prevista a construción dunha estación intermodal. Os populares recordan que se necesitan medidas especiais para evitar que "o colapso de tráfico neste punto vaia a máis".

Nunha primeira valoración, Enrique Rozas, considera que se trata dun plan "ambicioso e moi necesario" e advirte que é necesario un consenso de toda a sociedade porque supón cambios drásticos na circulación así como supresión de prazas de aparcadoiro de superficie entre outras cousas.

No relativo ao transporte público Rozas explicou que o anuncio da remodelación total do transporte público deixa claro que a caída de usuarios vén motivada, tal e como se denunciou desde o PP, polo deficiente funcionamento do servizo (atrasos, pouca frecuencia buses...).
 
       
 
Á espera de recibir esta tarde o documento, os populares mostran a súa cautela á hora de valorar o plan xa que nun principio recoñecen incluíronse algunhas das propostas que o PP leva feito durante estes mandatos de Orozco en aras a mellorar o tráfico. Por exemplo:

Contemplar avances para uso da bicicleta como aumento de bases e creación de percorridos.

Máis espazos para o peón.

Intercambiadores de transporte urbano.

Integración tarifaria.
Foto
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo