| |
"Frustrante e preocupante", deste xeito cualificaba o portavoz adxunto dos populares, José Manuel Barreiro, a primeira reunión que convocou o Goberno Local para estudar os orzamentos para 2010.
Os populares restan credibilidade ás cifras do borrador de orzamentos xa que non se ajuntó nin o informe relativo ao grao de execución dos orzamentos deste exercicio e nin o anexo de investimentos. "Ou ben queren ocultar información para evitar as críticas ou montan estas reunións para quedar ben e dar unha falsa imaxe de que abren a participación", puntualizou Barreiro.
O portavoz adxunto dos populares recordou como xa o Consello de Contas avisou que os niveis de execución en Lugo estaban por baixo do 25%.
Os populares consideran "pouco serio" que o Goberno Local pida achegas cando non se dá conta aos grupos da documentación imprescindible: "é imposible que desde unha oposición seria e responsable preséntense propostas alternativas cando non se nos facilitan información de como foron evolucionando os gastos e os ingresos". |
|
| |
Perda de peso os investimentos fronte o aumento do gasto corrente.-
Os populares pediron explicacións pola perda de peso dos investimentos fronte ao aumento do gasto corrente.
Con respecto ao 2009 rebaixáronse os capítulos investidores VIN e VII nun 7% fronte ao incremento nun 4% do gasto corrente.
De face á segunda reunión, prevista para o vindeiro venres, os populares confían "en que se nos chame para darnos traballo". |
|
|