-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 
O Grupo Municipal Popular afirma que o goberno local mantén o gasto corrente e reduce en preto dun 50% os investimentos para o próximo exercicio
 
 
03/12/2009
grupo municipal
     
 
  • Os populares propón presentar un plan de austeridade urxente e desconfían dos criterios de prioridade que defende Orozco.
  • Critican que a documentación que se facilitou está incompleta o que xa "evidencia o nulo grao de consenso que pretende conseguir o Alcalde".
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular criticou ao Goberno Local por entregar unha información incompleta "tan borrador é, que nos falta máis da metade da documentación: entre outros informes o do plan de investimentos" puntualizou Jaime Castiñeira, quen tamén recordou que non se lles facilitaron os datos sobre o grao de execución dos actuais orzamentos que se solicitaron por escrito o pasado día 20 de outubro. Para o concelleiro popular actitudes como estas evidencian "ás claras" cal é o grao de consenso que pretende alcanzar o Goberno Local co seu grupo.

Cos datos que se lles proporcionou, os concelleiros do Grupo Popular conclúen que é nula a redución en gasto corrente, tan só diminuíu o que corresponde aos intereses financeiros pola baixada de tipos de interese.

En canto á cifra global de investimentos subliñou que hai unha rebaixa dun 44% con respecto aos orzamentos do ano 2009. De seguir a tendencia da recesión económica "nun par de anos os ingresos non van dar para cubrir o gasto corrente", sentenciou Castiñeira. Nada que fallen as previsións de ingresos para o 2010 podemos quedar con investimento cero.
 
       
 
Os populares tamén fixeron unha comparativa das partidas que se destinaban a investimentos no último goberno do PP do ano 99. Naquel momento representaban un 23 % sobre o total do orzamento. No proxecto de 2010 tan só é dun 13%.
Foto
 
     
 
 
     
 

Para os populares esta rebaixa continuada é consecuencia da "política de malgasto, gasto excesivo en cousas innecesarias e pouca austeridade das contas públicas". Hai que ser serios e presentar un plan de austeridade de xeito urxente.

Jaime Castiñeira considera que o Concello debería ser un exemplo de austeridade para poder concentrar os esforzos nos problemas reais do municipio.


Nese sentido insisten en que Orozco e os seus non saben priorizar. A proba máis palpable témola coas actuacións que se propón para os fondos do novo Fondo Estatal, entre elas o gasto de 2,4 millóns de euros para amoblar un museo que cando estea funcionando suporá un gasto corrente duns 600.000 euros anuais.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo