O Grupo Municipal Popular seguirá achegando propostas vía alegacións á ordenanza de civismo co obxecto de que esta normativa sexa menos restritiva. Da reunión de hoxe destacar tres puntos que se introducirán no documento a petición do concelleiro Enrique Rozas:
Por iniciativa do PP ampliouse a outros locais da cidade que non estivesen no casco histórico a posibilidade de mostradores, fiestras ou ocos que fagan posible o despacho de bebidas a persoas situadas na vía pública. A ordenanza só eximía desta prohibición a establecementos do casco histórico.
Tamén por iniciativa do PP a muralla queda incluída como zona de especial protección para evitar concentracións reiteradas de persoas para celebración de botellóns.
O PP propuxo unha nova redacción no punto relativo ao uso de espazos públicos para competicións deportivas masivas, xa que tal e como figuraba na normativa podíase entender que prohibía a celebración de eventos como día da bicicleta, corre connosco"
Por outra banda aceptouse a alegación alegación do PP no punto f do artigo 22: eliminar a franxa horaria na que estaba prohibido o consumo. Antes restrinxíase a penalización a determinados días da semana.