| |
O goberno local comprometeuse esta mañá a trasladar á Deputación e á Confederación Hidrográfica as propostas do PP para habilitar postos de pesca accesibles no Miño así como para estudar o acondicionamento de aparcadoiros no punto que xa está habilitado en Ombreiro.
A popular Sofía López Linares, que presidiu a comisión que tivo lugar hoxe, tamén arrincou o compromiso do goberno local de elaborar un informe e articular a fórmula para achegar aos domicilios de discapacitados ou dependentes material de entretemento. |
|