| |
O Grupo Municipal Popular critica "a prepotencia e a soberbia do goberno local". Para os populares esta actitude está avocando ao Concello a asumir con demasiada frecuencia novos gastos como consecuencia da perda de sentenzas. A última que se coñeceu foi a do fallo en contra do Concello por cambio de posto dun funcionario da policía local.
O edil Enrique Rozas arremeteu contra a política de persoal que practica o Alcalde: "durante o mandato de Orozco, déronse situacións irregulares con cargos directivos (Director Xeral da Policía e Director Xeral de Novas Tecnoloxías), destitucións de asesores do propio Alcalde así como de funcionarios, que supuxeron cargas importantes para o Concello".
O concelleiro popular Enrique Rozas puntualizou que no caso do responsable de multas do negociado de sancións da policía local a propia sentenza aclara que "trátase dun caso de persecución sindical e non derivado da reestruturación da policía local". |
|