| |

         
|
|
| |
A renuncia do acta como concelleira do portavoz do Grupo Municipal Popular farase efectiva no pleno do próximo 14 de decembro |
|
| |
30/11/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, presentou esta mañá no rexistro do pleno o escrito de renuncia a súa acta de concelleira. A súa saída da polít ica municipal terá lugar no pleno que se celebrará o próximo 14 de decembro.
O aínda portavoz popular comunicoulle persoalmente hoxe ao Alcalde este trámite. Joaquín García Díez pediu a Orozco axilidade na tramitación do expediente co obxectivo de que no pleno do día 28, no que está previsto debátanse os orzamentos, o PP teña a todos os seus concelleiros. "Se todo faise con boa vontade nun debate deste calado contaremos coa representatividade que nos deron os lucenses".
García Díez indicou que a certificación onde o pleno dáse por decatado da súa renuncia pode estar preparada e enviarse á Xunta Electoral Central "no mesmo momento de que se faga efectiva". |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
O portavoz popular, acompañado polos concelleiros do grupo e o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, agradeceu aos compañeiros o seu apoio e traballo realizado. Tamén tivo palabras de agradecemento para os medios de comunicación. |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Novo portavoz do grupo popular.-
O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, apuntou que será no comité executivo que se celebrará o próximo 14 de decembro cando se determine quen asumirá as rendas do grupo municipal.
Os populares tamén avanzaron que contactaron co seguinte membro da lista electoral, José Antonio Díaz Escolante, para informarlle dos trámites necesarios para que se incorpore ao grupo popular. Este xa manifestou a súa disposición a aceptar o posto.
|
|
| |
|
|
|
|