| |
O Grupo Municipal Popular solicita a convocatoria urxente da comisión de traballo para rebaixar as alturas das torres das costas do parque. O concelleiro popular Jaime Castiñeira acusou ao goberno local de "inmovilismo, falta de traballo e nulo interese en solucionar este problema urbanístico que eles provocaron".
Pasaron xa cinco semanas desde "a última e única reunión que se convocou a instancia do PP co construtor e asociación de veciños do parque" (Venres 23 de outubro).
Os populares puxeron de manifesto que "Aínda non comezou a campaña" e pedíronlle a Orozco que no canto de pasearse para vender os seus supostos logros o que ten é que traballar para resolver os problemas reais da cidade, e neste caso propiciados por unha decisión súa.
"O que fixo Orozco véndeo enseguida; ao PP custaralle moito máis esforzo e tempo explicar o que non fixo e que lle queda pendente de realizar dos últimos tres mandatos". |
|