A concelleira popular Alicia Pena rexistrou unha pregunta ao Goberno Local na que se interesa polas actuacións feitas polo equipo de Orozco para cumprir o acordado no pleno do pasado día 26 de xuño, no que se aprobou unha proposición do PP cos votos do PSOE a favor da Banda Municipal de Música.
Nesta proposición concretábanse dous puntos:
Establecer os convenios e fórmulas de colaboración precisos con outras administracións e institucións relacionadas, facendo especial referencia ao Conservatorio Oficial de Música de Lugo, co fin de potenciar á Banda Municipal de Lugo.
Estudar a creación dunha sección na Banda Municipal na que teñan cabida tanto alumnos de música como afeccionados con capacidades musicais e que poidan intervir como invitados nos concertos da Banda.
Pena explica que "rexistramos esta pregunta por non ter constancia ou indicio algún de que se fixo absolutamente nada do recollido no acordo".
Incumprimentos de acordos do Pleno.-
Esta pregunta é continuación doutra anunciada pola concelleira a pasada semana, na que se lle recriminaba ao Goberno Local o incumprimento dun acordo plenario en materia de seguridade viaria nos colexios.