| |
O Grupo Municipal Popular explicou que "en liñas xerais o informe dá o visto e prace as modificacións que o Partido Popular puxo sobre a mesa, ben a través das súas alegacións, ben nas comisións de traballo celebradas para pechar o documento". Jaime Castiñeira enumeraba algunhas delas:
Legaliza entreplantas
Fóra de ordenación (por alturas, por fondos, edificios en polígonos, modificación de viarios que afectan a edificios en distintos barrios")
Chans urbanos consolidados como Gándaras, estrada de Ombreiro, Albeiros"
Dá o visto e prace ás propostas achegadas polo PP para barrios como o Fejóo onde se mantén o trazado de rúas con prazas interiores; edificios en Rei Don García"
Os populares bríndanse, unha vez máis, a colaborar e traballar tal e como fixeron desde o momento no que o Goberno Local decidiu abrir a participación. Hai que recordar que o papel do Grupo Popular foi moi activo á hora de modificar os numerosos erros que presentaba o documento inicial do PSOE e que a intervención do PP salvou miles de vivendas de quedar afectadas polo Plan.
|
|