-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular cre que a contratación, agora, dun estudo topográfico da leira do Garañón demostra que a operación urbanística fíxose a bulir e sen rigor

 
 
16/11/2009
urbanismo
     
 
  • Os populares afirman que o PERI aprobado en 2005, en solitario polo PSOE, tiña que incluír este documento.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal do Partido Popular pediu esta mañá ao goberno local a convocatoria dunha reunión inminente co promotor das torres das costas do parque "o Concello parece non ter ningún interese en buscar unha solución para rebaixar as alturas destes edificios, pasaron xa tres semanas desde a última reunión", recordou Castiñeira "e seguimos sen data".

Os populares tamén puxeron de manifesto a súa sorpresa pola contratación o pasado venres en xunta de compras, do levantamento topográfico da parcela da polémica urbanización do Garañón.

Para Castiñeira con esta contratación o goberno recoñece que "a operación das torres das costas do parque fíxose de présa e correndo pondo en cuestión que o expediente tivese todo o necesario para darlle o visto e prace".
 
       
 
"O goberno local demostra, con esta actuación, que o levantamento topográfico que no seu día se presentou no PERI non é fiable". Castiñeira engadiu que "para o que si serviu foi para xustificar o incremento da superficie da unidade de actuación en máis de 450 metros sobre os que figuraban no Plan Xeral".
Foto
 
     
 

O concelleiro Jaime Castiñeira arremeteu contra Orozco e o seu equipo: "como é posible que a estas alturas esteamos falando dun estudo topográfico que tiña que estar feito no PERI aprobado en solitario polo goberno socialista, o 7 de novembro de 2005"". Os populares expresaron a súa perplexidade "logo, ninguén o comparou"".

Datas a ter en conta:

22 de xullo de 2005
Asínase no despacho da alcaldía o borrador do convenio e o promotor presenta, por rexistro, o Peri de fíncaa do Garañón

26 Xullo de 2005
Catro días despois emítese informe favorable de arquitectura

11 de Agosto 2005
Dezanove días despois emítese informe favorable de enxeñería

17 de Agosto de 2005 en menos dun mes queda aprobada de forma inicial a operación.

25 de agosto de 2005 publícase nos medios e ese mesmo día o PP denuncia o contido do acordo da xunta de goberno e anuncia que presentará alegacións.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo