-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular afirma que o proxecto da ordenanza de administración electrónica está incompleto e infestado de erros

 
 
13/11/2009
empleoyssgg
     
 
  • O goberno local tivo dous anos para preparar o documento e o Grupo Municipal Popular detectou en "dúas horas" un elevado número de imprecisións e lagoas.
  • Cristina Ares: "estamos ante un novo caso que deixa ao descuberto a incapacidade do goberno de Orozco para planificar o seu traballo".
  • Os populares suxerirán melloras ao proxecto. Hoxe mesmo pediron que sexa a comisión de suxestións a que asuma o papel do Defensor do usuario electrónico, previsto na norma.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular mostrou hoxe a súa indignación pola "manifesta incompetencia do goberno local". O tirón de orellas veu motivado polo proxecto da ordenanza de administración electrónica que se lles entregou fai uns días.

Cristina Ares criticou que tiveron dous anos para elaborar o documento e agora "porque cren que lles obriga a lei a mover ficha antes de finalizar o ano" presentan un proxecto de ordenanza "infestado de erros e lagoas que demostra que se fixo a cen".

A modo de exemplo, a concelleira Cristina Ares explicou como ao longo da normativa "utilízase o concepto "rexistro telemático" cando a Lei 11/2007 de 22 de xullo substitúe este termo polo de "rexistros electrónicos"". Tamén en determinados puntos fálase de copias compulsadas no canto de copias auténticas.
 
       
 
"Como sempre entregan un traballo pésimo para que logo sexamos os demais, os que lles salvemos os mobles: os concelleiros socialistas soamente son rápidos para apropiarse de cantas ideas pónselle sobre a mesa e vendelas como propias", puntualizou Cristina Ares recordando as negociacións sobre a tarificación da auga.
Foto
 
     
 
 
     
 

Para a popular Cristina Ares estamos ante "un novo caso que deixa ao descuberto a ineficacia do goberno de Orozco e a súa incapacidade á hora de planificar o seu traballo".

Un punto no que os populares fixeron fincapé é na necesidade de que haxa un compromiso real a incorporar, nuns prazos determinados, máis trámites electrónicos dos cinco que se ofertan desde o portal do concello. Actualmente só se poden tramitar as licenzas de obra maior, de obra menor, de primeira utilización, certificado de empadroamento, aliñacións e rasantes.

Os populares insisten na súa crítica ao goberno municipal pola súa incapacidade para incorporar novos trámites ao portal municipal desde a súa presentación pública, en maio de 2008, pese as continuas promesas da concelleira, Luisa Zarzuela.

Proposta.-

Na reunión que se convocou hoxe para analizar este documento o Grupo Popular entregará unha primeira petición.

Xa que dentro desta Ordenanza reguladora da administración electrónica cabe a posibilidade de crear a figura do Defensor do Usuario "unha figura que velará pola garantía dos dereitos que teñen os cidadáns" os populares propón que "en aras a non xerar máis gastos" que sexa a Comisión de Suxestións que funciona na actualidade presidida polo Partido Popular, a que asuma este rol pasando a elaborar un informe anual que se elevará ao pleno así como dando trámite as queixas que se xeren.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo