| |

         
|
|
| |
Tras reunirse coa Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, o Grupo Municipal Popular afirma que a Xunta ten unha clara vontade de sacar adiante o Plan Xeral canto antes
|
|
| |
12/11/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Jaime Castiñeira: "A vontade do goberno autonómico é clara: enviará, en tempo e forma, o informe, e está disposto a non esgotar os prazos para axilizar a súa tramitación".
-
Os populares calculan que se desde o Concello fan as correccións e aclaracións que se lle reclamen antes de final de ano, Lugo podería ter aprobado de forma definitiva o seu novo Plan Xeral en xaneiro.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
Os populares expresaron hoxe a súa satisfacción polo compromiso da Xunta co Plan Xeral de Lugo.
Ao concelleiro e deputado popular Jaime Castiñeira notificóuselle, nunha reunión que onte mantivo coa Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díez, que o informe será remitido nos próximos días ao Concello de Lugo. A información facilitóuselle no transcurso da reunión solicitada polo deputado Popular.
Castiñeira explicou que o seu grupo decidiu dar este paso tras coñecer que a responsable de urbanismo do Concello non deu explicacións "da marcha dos preceptivos e definitivos informes, descoñecendo se devandito informe do Plan Xeral da Xunta íase a entregar no prazo previsto, que termina o vindeiro luns 16 de novembro". |
|
| |
|
|
|
| |
"Lugo vai contar cun informe da Xunta, en tempo e forma. Esa é unha boa noticia pero o máis importante é que o goberno autonómico ten vontade de sacar canto antes o Plan Xeral de Lugo". |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide que axiña que chegue o informe ao Concello, previo ao seu estudo envíense canto antes as correccións e aclaracións. "Colaboraremos para que isto leve a cabo". Nese sentido a Xunta comprométese a non esgotar o prazo de tres meses que ten para analizar a documentación complementaria que se envíe desde o Concello.
Colaboración plena.-
O concelleiro popular indicou que, segundo explicóuselle no encontro celebrado con responsables de urbanismo da Xunta, hai unha especial sensibilidade do goberno autonómico con Lugo: "o informe da Xunta nace nun ámbito de colaboración plena, as cuestións que se expón son lóxicas en documentos desta envergadura, figurando peticións de correccións, aclaracións e propostas de corrección de erros materiais que buscan mellorar o documento. Algunhas das cuestións derívanse dun informe de abril da Consellería de Medio Ambiente".
"Se o Goberno fai os deberes, nun prazo de tres meses podemos ter o Plan Xeral aprobado definitivamente", insistiu Castiñeira.
O Grupo Popular recorda como desde o primeiro momento apostou por traballar, en positivo, para mellorar un Plan Xeral infestado de erros que presentou o PSOE: "grazas ás nosas alegacións salváronse numerosos edificios que quedaban fóra de ordenación e fixéronse innumerables correccións".
|
|
| |
|
|
|
|