| |
O Grupo Municipal do Partido Popular interesarase na Comisión de Benestar Social polas xestións que fixo o Goberno Local para pór en marcha un servizo municipal de canguros. Sofía López Linares recorda que esta prestación é un compromiso dos socialistas de 2005 que nunca chegou a materializarse.
A concelleira popular explicou que na actualidade a programación do Goberno Local incumpre as expectativas das familias, en canto á conciliación. "É certo que hai unha oferta de cursos pero a duración (dunha hora ou hora e media) é escasa para que os pais poidan realizar algunha actividade, durante este tempo". |
|
| |
Outro problema das ociotecas municipais á hora de conciliar, é que o Concello esixe que se apunten os usuarios os días 20 ao 25 do mes anterior, co que hai que saber con antelación que se desexa utilizar, o que impide que se recorra a este servizo en caso de enfermidade, urxencias ou entrevistas laborais. |
|
|
| |
Os populares consideran que queda moito por facer no ámbito da conciliación. López Linares afirma que "os espazos de atención á infancia de carácter colectivo, proporcionan de modo irregular acollemento e desenvolvemento de actividades de carácter lúdico e educativo pero non solucionan os problemas reais das familias". Por iso é polo que desde o Partido Popular pídase un esforzo á responsable da área: "non cre que sería moito máis beneficioso destinar os 12.000 euros do nonetrivial, ou os 21.000,000 euros de dúas edicións dun magosto multicultural, ou os 2000 euros que se gastan nunha revista virtual ou 1.300 euros para impartir un curso de cinco horas de formación a concelleiras do PSOE en materia de igualdade na posta en marcha do servizo municipal de canguros"".
Sofía López recordáballe á socialista Carmen Basadre que no ano 2005 chegou a comprometer ter operativo "as 24 horas do día", un servizo municipal de canguros.
Urxencias ou busca de emprego.-
O Partito Popular propón que se retome a idea do servizo de canguros municipal co obxecto de ofrecer un servizo para familias que precisen deixar aos seus fillos por situacións de urxencia, que por unha causa de forza maior sobrevinda, fixese inescusable o coidado dos menores ata solucionar o problema que o xerou, e por unhas horas determinadas ao ano.
Deste servizo tamén se poderían beneficiar os pais que necesiten un tempo para acudir a cursos de formación ocupacional, entrevistas de traballo, participación nos programas de emprego, períodos de proba" Os requisitos para optar a este servizo de canguros serían estar empadroados no concello de Lugo e non dispor doutras opcións para deixar aos fillos.
Oferta infantil municipal.-
Sofía López Linares fixo un recoñecemento das actividades infantís que se desenvolven nos centros municipais de Lugo:
Sacro Corazón: sen actividades infantís durante estes meses.
Fingoi: só programa actividades para nenos en períodos vacacionais.
En Milagrosa , Milagrosa II (Monte Faro) e Lama de Prado: Hai cursos para nenos de duración máxima hora e media. Sábados e algún día por semana.
Centro Uxio Novoneyra e Maruja Mallo: Funciona unha ocioteca de 16:00 a 20:30. Hai que apuntarse o mes anterior. En Maruja Mallo hai un curso de 10 a11:30 os sábados.
|
|