| |
O Grupo Municipal do Partido Popular acusou a Orozco non saber priorizar as actuacións que necesita Lugo nun momento de crise económica e cun déficit orzamentario importante no Concello.
Esa foi a primeira valoración que fixo o portavoz dos populares, Joaquín García Díez, respecto ás propostas que o goberno local pretende levar a cabo cos máis de 10 millóns de euros do FEIL.
A proposta do Alcalde, que transmitiu verbalmente, "é moi mellorable" puntualizou García Díez tras de comprobar que o 50% deste orzamento destínase a equipamento do Museo Interactivo e ao peche do parque de Rosalía. Para os populares "estes investimentos, aínda que non nos parecen negativas, si son pouco oportunas. Hai rúas de Lugo con importantes deficiencias e por mor da crise non se poderán arranxar co orzamento ordinario. Talvez sería máis prudente utilizar este diñeiro para as necesidades máis importantes". |
|
| |
O portavoz popular cre que "hai unha clara falta de vontade real de chegar a un consenso" e censurou a actitude de Orozco que "a pesar de comprometerse o pasado venres a entregar un documento para que podamos estudar con seriedade as propostas do goberno local hoxe limitouse a explicar, sen papel algún, uns capítulos de investimentos con cifras ambiguas". |
|
|