| |

         
|
|
| |
|
|
| |
01/10/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
García Díez pide separar as actuacións xudiciais, para as que pide respecto e máxima dilixencia, de forma que canto antes se clarifique "o capítulo de culpables e inocentes".
-
O portavoz do Grupo Municipal Popular pide que non se "estendan" xuízos de valor que xeneralicen unha condena social a colectivos.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
Respecto das recentes detencións vinculadas á trama de prostitución o portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, pediu hoxe "o máximo respecto e a máxima dilixencia para as actuacións xudiciais". García Díez pide que se clarifique canto antes "o capítulo de culpables e inocentes polo ben das persoas implicadas e especialmente polas institucións e corpos aos que pertencen".
En calquera caso, os populares apuntan a que a existencia dun ou varios casos de presunta corrupción, en ningún caso poden servir para que se faga unha condena xeneralizada dun corpo ou unha institución. |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
Joaquín García Díez, consciente de que hai funcionarios do Concello de Lugo implicados na trama, suxire que o Goberno Local estude a posibilidade de adoptar preventivamente a apertura de expedientes informativos para aclarar a situación dentro do propio Concello. |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular, pola súa banda, non caerá na trampa de violar a presunción de inocencia e buscar réditos políticos dun procedemento xudicial que segue aberto e que pode marcar socialmente a persoas que, de ser inocentes, verán moi complicada a restitución da súa dignidade e o seu bo nome. |
|
| |
|
|
|
|