| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular non apoia a nova tarificación da auga por "chafalleira"
|
|
| |
05/11/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
O Grupo Municipal Popular considera que non é posible estimar os efectos da reforma ao non existir datos fidedignos debido á mala xestión do servizo realizada polo goberno durante os dez anos anteriores.
-
Os populares cualifican de "entreguista" e antesala dun hipotético bigobierno o discurso do BNG, que defendeu a proposta do goberno coma se formase parte del, a pesar de ser coñecedor das súas deficiencias.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
A concelleira popular Cristina Ares chamou a atención sobre os problemas do servizo de augas (dificultades para a lectura dos contadores, volume de auga bombeada e non facturada") e a falta de previsión e de traballo do Goberno, que non adoptou as medidas necesarias para corrixilos, aínda que sabía desde o ano 2000 que sería obrigatorio repercutir os custos aos cidadáns a partir do 1 de xaneiro de 2010.
Os populares afirman que a nova tarificación non respecta a filosofía do pago por consumo real, nin diferenza entre consumos sostibles e malgasto ao non ter en conta o número de persoas que residen en cada vivenda. |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
A "mentira masiva" do PP.-
O Goberno Local mostra a súa falta de interese pola realidade. As continuas referencias da concelleira Sonia Méndez ao titular do último número do Boletín Popular, "soben os impostos", non proceden, xa que tal e como se aclara no artigo que segue a ese titular a subida referida é a anunciada polo Goberno da Nación, de José Luís Rodríguez Zapatero. |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Por outra banda, o Grupo Municipal Popular non pode menos que condenar a actitude dos representantes socialistas, que buscan a confrontación como táctica para xustificar a súa falta de argumentos. |
|
| |
|
|
|
|