| |
O Grupo Municipal Popular presentou as súas emendas á nova ordenanza reguladora do anciño na Zona Monumental. A concelleira popular Cristina Ares explicou que o PP non comparte a proposta do Goberno de que se reduza a periodicidade do rastro.
"Un dos aspectos máis interesantes do mercadillo é a súa contribución á dinamización do casco histórico durante os fins de semana, e para iso convén que se celebre sempre. Se os anticuarios non poden acudir todos os domingos, habería que barallar novas posibilidades como ir cara a unha maior especialización, comezando por alternar un rastro de antigüidades e coleccionismo (do que se exclúa a venda de produtos de artesanía novos) cun mercado só de artesanía". |
|
| |
Por outra banda, a escasa innovación que reflicte a proposta normativa confirma a sospeita que o Grupo Municipal Popular apuntou cando se aprobou no Pleno a derrogación da anterior norma: "aquí non se trata de resolver un problema que se solucionou facendo cumprir a vella ordenanza, senón que están intentando vender como innovación o que só é un lavado de face". |
|
|
| |
Os populares, sen renunciar a unha maior especialización para garantir a calidade dos produtos do anciño, botan de menos na nova ordenanza a reserva dun espazo para o libre intercambio de produtos de coleccionismo por parte de afeccionados. "En case todos os rastros de antigüidades permítese o intercambio gratuíto de coleccionistas de selos, numismática, cromos, cómics", o que aquí botamos en falta e que si se recollía na norma anterior". |
|