| |
O Grupo Municipal Popular móstrase preocupado pola falta de valentía de Orozco, que desconfía do seu propio poder de convocatoria e do amor de Lugo pola súa Muralla
|
|
| |
03/11/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
É lamentable que o Goberno Local poña en dúbida que un grupo dunhas 2.000 persoas únanse para organizar un abrazo colectivo á Muralla.
-
Se esta é a capacidade de convocatoria do alcalde dunha cidade de case100.000 persoas quizais non ten forza moral para seguir adiante.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular criticou a "falta de valentía e de confianza nos lucenses" do Goberno Local que coa súa negativa a organizar o abrazo colectivo da Muralla, neste noveno aniversario, demostra é "que non ten confianza en conseguir que un grupo dunhas 2.000 persoas poda acudir a un acto debidamente convocado".
Joaquín García Díez mostrou a súa indignación pola falta de confianza que teñen Orozco e os seus nos lucenses "é moito máis preocupante o seu pesimismo polo compromiso dos veciños que a súa falta de proxectos para a cidade", puntualizou o portavoz popular. |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
Os argumentos cos que xustificaron os socialistas o seu voto negativo soan a desculpas de mal pagador "necesitan tempo e diñeiro". O tempo non o quixeron ter cando o había e o diñeiro, neste caso, lográbase coa oferta do grupo popular que cedía a súa asignación para organizar este evento. |
|
|
| |
|
|
| |
Se un Alcalde dunha capital de preto de 100.000 persoas non se ve capaz de convocar a 2.000 para un acto de apoio ao seu principal monumento, quizais é hora de que se reformule se debe seguir aí. |
|
| |
|
|