| |
O Grupo Municipal Popular reclama a convocatoria inmediata da comisión que analiza a polémica urbanización do Garañón
|
|
| |
03/11/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Popular reclamou esta mañá a convocatoria "inmediata" dunha nova reunión para seguir negociando unha solución que rebaixe as alturas dos edificios do Garañón.
"Para convocar a primeira reunión tomáronse o seu tempo. Tardaron 16 días logo de validar o acordo do Pleno por iniciativa do PP. Desde o 22 de outubro nada soubemos dunha nova reunión e xa van doce días", puntualizaron os populares.
O concelleiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira, indicou que ofreceu a súa colaboración aos servizos técnicos municipais para achegar ideas para rebaixar alturas dos edificios do Garañón. |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
O Partido Popular apoiou onte a declaración do parque como BIC. No debate plenario os populares criticaron a nula coherencia dos socialistas. O concelleiro popular Jaime Castiñeira, preguntou por que o Alcalde non pediu antes esta declaración: "tivo seis anos para solicitalo antes de asinar o convenio co promotor". Os populares temen que "agora a petición do goberno socialista poida bordear a legalidade". |
|
|
| |
|
|
| |
Para os populares a proposición de Orozco recoñece, de forma clara, que a culpa desta situación urbanística non é do plan do 90.
Castiñeira insistiu en que "Orozco e o seu goberno escolleron a mellor opción para o promotor e a peor para Lugo".
|
|
| |
|
|