| |
Para Rozas o silencio do señor Rábade no pleno de onte é significativo "o que cala outorga", deste xeito o edil popular recriminaba o voto contrario do goberno local á proposición popular para tomar medidas para salvar o déficit do guindastre. "A actitude do goberno local demostra o seu pasotismo ante un dos servizos con máis déficit do Concello de Lugo".
Segundo os cálculos do PP a día de hoxe o buraco económico acumulado, desde o ano 2006, excede o millón e medio de euros e de seguir a este ritmo cando finalice o contrato coa empresa adxudicataria en 2015 superará os catro millóns de euros.
|
|