-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular está convencido de que a proposta do BIC de Orozco supón un recoñecemento do seu fracaso na xestión das costas do parque

 
 
02/11/2009
urbanismo
     
 
  • A firma do convenio garantiu ao promotor a construción de seis bloques en lugar dos cinco que lle corresponderían despois do un de xaneiro de 2006
 
barra
           
 
O Partido Popular apoiará a declaración do parque como BIC e critica a nula coherencia dos socialistas. O concelleiro popular, Jaime Castiñeira, preguntou porque o Alcalde non pediu antes esta declaración "tivo seis anos para solicitalo antes de asinar o convenio co promotor". Os populares temen "que agora a petición do goberno socialista poida bordear á legalidade".

Para os populares a proposición de Orozco recoñece, de forma clara, que a culpa desta situación urbanística non é do plan do 90.
 
       
 
 
       
 
Castiñeira insistiu en que "Orozco e o seu goberno escolleron a mellor opción para o promotor e a peor para Lugo". O edil popular relatou como en pouco máis dun mes completouse "cunha dilixencia sorprendente" a tramitación do expediente cando o habitual é que, para un particular calquera, tárdense meses en resolver unha simple licenza de obra.
Foto
 
     
 

22 de xullo de 2005 - Asínase no despacho da alcaldía o borrador do convenio e o promotor presenta, por rexistro, o Peri da leira do Garañón

26 Xullo de 2005 - Catro días despois emítese informe favorable de arquitectura.

11 de Agosto 2005 - Dezanove días despois emítese informe favorable de enxeñería.

17 de Agosto de 2005 en menos dun mes queda aprobada de forma inicial a operación.

25 de agosto de 2005 publícase nos medios e ese mesmo día o PP denuncia o contido do acordo da xunta de goberno e anuncia que presentará alegacións.

Os populares afirmaron que foi a "dilixencia do PSOE" na tramitación deste proxecto a que garantiu ao promotor a construción dun bloque máis nas costas do parque.

"De dar luz verde a este plan urbanístico o 1 de xaneiro de 2006 (día no que entraba en vigor unha disposición da lei do chan que reducía nun 27% - de 2,05 a 1,50 m2- a edificabilidade do proxecto) podían ser CINCO NO CANTO DE SEIS os edificios que se levantasen nesta zona. O un de xaneiro en lugar de 16.922 m2 serían 14.569 m2".

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo