-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O goberno local, coa complicidade do BNG, introduce novas tarifas por baixo da mesa

 
 
02/11/2009
economia
     
 
  • Afectan a servizos urbanísticos e uso de instalacións culturais.
  • Cristina Ares quéixase da actitude da concelleira de economía, que esta mañá eludiu dar explicacións das modificacións introducidas
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular lamenta que por mor da incapacidade do goberno local de preparar a proposta das ordenanzas fiscais celébrense dous plenos nunha mesma semana, co custo que isto implica.

A popular Cristina Ares criticou o escurantismo con respecto a actualización do resto das ordenanzas fiscais das que só se pasou copia o pasado xoves. Os populares lamentan a falta de información e nulo interese da concelleira responsable de dar conta ao Grupo Municipal Popular das modificacións propostas.

Na reunión desta mañá da comisión de economía viuse, unha vez máis, a improvisación coa que traballa o goberno de Orozco que presentou unha proposta improvisada e "unilateral que se aprobou en xunta de goberno extraordinaria fai tan só catro días".
 
       
 
 
       
 
A modificación en cuestión consiste en que as comunidades de propietarios pagarán a cota de abono tanto para sumidoiros como auga potable. Este cambio contradi o anuncio inicial de Sonia Méndez, que se comprometeu a suprimir esta cota ás comunidades.
Foto
 
     
 
 
     
 

Algunhas das novidades das ordenanzas fiscais do ano 2010 ocultas na proposta do goberno son:

O establecemento de novas tarifas por expedición de informes sobre incidentes de expedientes de declaración de ruína (129,65 euros) e expropiación forzosa (por cada cen m2 4,09 euros por metro cadrado)

Certificación sobre a caducidade da acción para restablecer a legalidade urbanística (200 euros)

Tramitación de autorizacións previas en chan rústico (57,35 euros).





Ata agora estas tarifas non existían na ordenanza.

Aumenta o prezo dos cartóns electrónicos dos locais do CEI-Nodus de tres a doce euros.

Resulta aínda máis rechamante que as empresas beneficiarias do servizo de domiciliación de empresas e aquelas que estiveron instaladas no CEI-Nodus e que contaron no seu día cunha autorización administrativa de uso dun módulo, integrantes do viveiro virtual do CEI-Nodus gozarán das exencións e bonificacións das cotas por uso das salas e outros espazos comúns das que se benefician as empresas instaladas no CEI-Nodus. Ademais este novo artigo permite á concelleira de economía e emprego aplicar esta bonificación discrecionalmente.

Tamén se engaden prezos públicos para participación en cursos socio-sanitarios formativos e de lecer que se desenvolvan en instalacións culturais.





Respecto da nova tarificación da auga os populares manteñen a súa crítica á incapacidade de xestión do grupo de goberno que nin sequera foi capaz de achegar datos fiables para a elaboración da nova tarificación.

O Grupo Municipal Popular puxo sobre a mesa unha proposta clara: pago por consumo real, unha reivindicación que leva reclamando desde fai dous mandatos. O goberno de Orozco puxo o ano pasado como desculpa para oporse a esta demanda que tiña "que traballar coa antiga e a nova potabilizadora simultaneamente porque non tiña seguridade de que a nova funcionase ben". É evidente que había un descontrol no servizo, o que tamén se manifesta nos incrementos galopantes do déficit ano tras ano.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo