| |
O Grupo Municipal do PP proporá ao pleno unha iniciativa para realzar o noveno aniversario da muralla de Lugo que se celebra o próximo día 30 novembro.
Os populares pon sobre a mesa unha idea "sinxela de organizar que consiste en formar unha cadea humana, ben polo adarve ou ben ao redor do monumento". Este "abrazo colectivo", sería un reclamo para publicitar fóra da cidade este ben patrimonio mundial. |
|
| |
Os populares explicaron que o seu grupo vese obrigado a presentar esta proposta a pleno ante da negativa de Orozco a convocar unha comisión específica para preparar os actos conmemorativos deste aniversario. Os populares recordan que existe un acordo de pleno de decembro de 2008 nese sentido e lamentan que "non fose respectado polo Goberno Local, que despreza as propostas e iniciativas positivas para a cidade, aínda que estas conten que o respaldo do Pleno da Corporación Municipal, actitude pouco edificante e impropia dos modos e xeitos que, cada día máis, esixen os cidadáns".
A parte dispositiva que se someterá a votación consta dos seguintes puntos:
"Convocar á cidadanía de Lugo, a través das diferentes asociacións, agrupacións, centros de ensino e organizacións da cidade, así como dos demais medios que o Goberno Local teña á súa disposición, a organizar un evento a modo de cadea humana ao redor da Muralla, que represente un abrazo simbólico ao monumento o día 30 de novembro, no que celebramos o noveno aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Darlle a oportuna e ampla difusión a través dos medios de comunicación e internet, de face a conseguir a maior repercusión a este acto a nivel nacional e internacional".
|
|