-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular denuncia que a sala de control de tráfico non funciona a pleno rendemento pola incapacidade de Rábade

 
 
27/10/2009
interior
     
 
  • O PP propón que para optimizar o servizo e aforrar custos sexan os axentes da policía quen se encarguen deste servizo.
  • Rozas afirma que Rábade gasta todas as súas enerxías en perseguir á policía e acúsalle de "falta de traballo" xa que nun ano non foi capaz de sacar a concurso un novo prego de condicións deste servizo.
 
barra
           
 
O Grupo Municipal Popular acusa ao responsable de protección da comunidade de "ser un nefasto xestor". O novo exemplo do seu "falta de traballo" ten que ver coa explotación da sala da sala de control de tráfico. Vaise a cumprir agora un ano desde a finalización do contrato coa adxudicataria "en todo este tempo foi incapaz de redactar un novo prego de condicións para optimizar o servizo".
 
       
 
Chegados a este punto, o PP pide que sexa a policía local a que asuma a súa xestión. Os beneficios de que os axentes asuman estas competencias saltan á vista: aforro duns 50.000 euros anuais e ampliación da vixilancia ás 24 horas do día (na actualidade a empresa contratada non cobre os servizos polas noites, nin sábados á tarde, nin domingos, nin festivos). Rozas explicou que a nova Lei de Coordinación de Policías Locais establece a "segunda actividade", relativa aos axentes de avanzada idade e que poderían desempeñar este tipo de funcións.

Foto

Consecuencias do modelo de xestión de tráfico do señor Rábade

 
     
 
 
     
 

Para o concelleiro popular, Enrique Rozas, o señor Rábade "é incapaz de organizar o seu departamento". Neste terceiro mandato consolídase o seu fracaso en servizos básicos: buraco económico que supón para as arcas municipais o servizo do guindastre, levamos desde o ano 93 esperando pola nova ordenanza da ORA, sen concretar a ordenanza de civismo que deixa no aire problemas de calado social como o dos "gorrillas" ou o "botellón", a día de hoxe descoñecemos o contido do plan de mobilidade, o servizo rebicíclate é un auténtico caos, pouca atención ao servizo de bombeiros" "Está claro que a única misión do concelleiro de protección da comunidade, e conta co beneplácito do alcalde, é o acoso e derriba dos axentes da policía local".

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo