-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

A comisión de suxestións mantén a súa actividade mensual con normalidade

 
 
26/10/2009
empleoyssgg
     
 
  • Cada vez son máis os lucenses que confían neste organismo, presidido pola popular Cristina Ares, para resolver as súas queixas.
 
barra
           
 
Na última comisión de suxestións, que preside a popular Cristina Ares, presentáronse distintos informes sobre reclamacións de veciños pendentes de resolución.

A concelleira popular manifestou a súa satisfacción pola marcha deste organismo "desde a posta en funcionamento desta comisión en setembro de 2007 presentáronse preto de 300 escritos", puntualizou.

Entre as suxestións que o Concello respondeu nesta ocasión está a dun veciño que reclama que os escritos que se lle envíen sexan en castelán. A resposta do gabinete de normalización indica que a actuación do Concello é conforme a dereito e engade "considérase que o exercicio do seu dereito a solicitar expresamente a tradución ao castelán daqueles documentos que lle afecten persoalmente, suponlle prexuízos debido a atrasos na tramitación, pero pode reclamar en cada caso concreto".
 
       
 
Por mor dunha queixa veciñal por deficiencias na calzada das Gándaras infórmase de que se deron instrucións aos operarios para que non se repita a situación denunciada.

Na comisión de suxestións tamén compareceron funcionarios de distintos servizos. O que máis reclamacións pendentes tiña era o de transportes.

Foto

 
     
 

Entre as noticias rexistradas este mes destacar as de medio ambiente, onde destacamos unha queixa polo estado insalubre dun solar na rúa Ramón e Cajal nº5. Outra é por atrasos en tramitación de baixas do servizo de augas.

Hai outra por ruído á primeira hora de mañá dos clientes dun local fronte á porta Miñá, e outra dos veciños de Armando Durán por problemas de tráfico nesta vía durante o San Froilán.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo