-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular denuncia ao equipo de goberno por ter inoperativa desde fai tres meses a base da fonte dous ranchos do rebicíclate

 
 
25/10/2009
interior
     
 
  • Cando se cumpren dous anos do servizo rebicíclate o grupo popular cualifica de suspenso o funcionamento deste servizo.
  • Desde fai tres meses a base de bicicletas da fonte dous ranchos non está operativa e nas outras catro son frecuentes os fallos no funcionamento dos lectores para retirada das bicis.
 
barra
           
 
Outro aspecto que descoida o Goberno é o da vixilancia. As cámaras que hai non gravan polo que é imposible que haxa un control dos vehículos. Ao longo deste último ano desapareceron 10 unidades, e moitas outras sufriron importantes deterioracións. Desde a súa posta en funcionamento foron roubadas preto dunha vintena das 100 que adquiriu o Concello para posta en marcha do Rebicíclate.

"As probas indican que o goberno local non presta o máis mínimo interese a potenciar o uso da bicicleta. Ratifícanse as nosas denuncias: este servizo naceu para quedar ben de face á galería, sacar a foto e dicir que Lugo ten cinco bases de bicicletas".

Propostas para mellorar o servizo.-

Intensificar a vixilancia. As cámaras de seguridade teñen que estar gravando, na actualidade as imaxes a tempo real pódense visionar en dous monitores que están fóra da sala de control de tráfico co que non hai unha vixilancia durante as 24 horas do día.

Facilitar aos usuarios no momento da retirada do cartón un cadeado.

Establecer rutas seguras para os usuarios.

Máis bases, cun tamaño máis reducido. Por exemplo en proximidades Praza do Rei, ou a zona da Piringalla.
 
       
 
A expedición inmediata do cartón no momento de presentar á solicitude. Cun sistema de préstamo de bicicletas inmediato facilitaríase aos turistas que se achegan á cidade utilizar este servizo.

Na actualidade a tramitación do cartón de Rebicíclate, tarda uns dez días "como mínimo", o que impide ao visitante eventual utilizar o servizo.

Dotar ás bicicletas de préstamo de faros para que se poidan utilizar todo o ano.

Foto

 
     
 
 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo