-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular esixe que se reactive a comisión do rueiro que leva ano e medio sen reunirse

 
 
21/10/2009
cultura
     
 
  • O Grupo Municipal Popular esixe a convocatoria inmediata da comisión do rueiro.
  • Alicia Pena pide explicacións dos motivos polos que desde fai ano e medio o goberno local non reuniu a esta mesa (a última xunta foi o 28 de abril de 2008).
 
barra
           
 

Os populares afirman que xa quedaban pendentes numerosas rúas por designar e subliña que nos últimos meses entraron novas peticións ás que hai que dar unha resposta.

"Se eles non queren traballar que poñan os medios que nós xa estamos fartos de esperar por eles. Hai que darlle ritmo a esta comisión do rueiro e nese sentido xa anuncio que no próximo pleno levaremos un rogo para que se estableza unha reunión semestral na que se informe das novidades que haxa con respecto a nomenclatura das rúas".

"É hora de ir pensando nomes para novas urbanizacións do polígono sur K (Sanfiz) ou outras zonas como Abella, Garabolos e Piringalla para que non pase o de sempre: empezan a vivir veciños en inmobles que están sen situar no rueiro".

 
       
 
A última ocasión na que o pleno aprobou unha listaxe para asignar o nome de 24 rúas e prazas da cidade foi no pleno do 5 de maio de 2008. O 9 de xuño corrixíronse os erros en dous delas. Desde aquela as peticións cursadas por veciños e colectivos de Lugo seguen gardadas nun caixón.

Foto

 
     
 
 
     
 

Pena Murias explicou que, entre outras, en carteira están: Manuel López Pardo, Pedrosa Roldán, Cheirases Romeu, Remigio Conde Salgado, Soldados romanos, Elena Talo, Adolfo Súarez, Daniel Hortas, Praza do exército, Irmáns Maristas, monumento en recordo ás vítimas do terrorismo...

En relación ás rúas do barrio de Castelo os populares recordan que o propio Alcalde recoñeceu que era necesario organizalo barrio xa que creceu nos últimos anos o número de casas. "Recoñecen o problema pero son incapaces de darlle unha solución". Alicia Pena explica que son moitos os problemas que teñen no barrio para que lles chegue o correo, ou para comunicación de ambulancias, ou transporte especial para centros de día.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo