| |

         
|
|
| |
O guindastre municipal supón para Lugo un déficit duns 39.000 euros mensuais
|
|
| |
20/10/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Desde a súa posta en marcha en 2006 o buraco económico supera o millón e medio de euros (250 millóns das antigas pesetas).
-
Os populares defenderán no pleno de Novembro unha iniciativa para que o Concello renegocie as condicións do servizo.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular acusa ao Goberno Local de "pechar os ollos" ao buraco económico que xera o servizo do guindastre municipal de Lugo, que desde 2006 supuxo un custo para o Concello de millón e medio de euros. A xuízo dos populares o servizo, co sistema actual, non é rendible. O seu déficit cífrase en aproximadamente 39.000 euros ao mes.
O concelleiro popular Enrique Rozas, que leva denunciando en reiteradas ocasións o descontrol deste servizo, anunciou hoxe en rolda de prensa que levará ao próximo pleno unha iniciativa que poña fin a esta situación. "O máis sensato é que o Concello renegocie coa empresa as condicións da adxudicación axustándose ás necesidades que ten a cidade". Rozas acusa ao Goberno Local de "desentenderse deste problema" e pregunta cales son os motivos desta desidia. Ve neste asunto unha proba máis de que "perder diñeiro pola súa ineficacia non lles doe porque non sae dos seus petos". |
|
| |
|
|
|
| |
Os populares temen que, de continuar con esta dinámica, e dado que a finalización do contrato do servizo do guindastre está prevista para o ano 2015, o buraco económico poida chegar a supor ao Concello a friorenta de 4.300.000 euros. |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Rozas cualificou de "escandalosas" as perdas económicas que, para as arcas municipais, supón estas cantidades e afirma que é necesario que o Goberno Local resolva de inmediato este asunto: "o das boas intencións de Orozco anunciado as fotocopias polas dúas caras, a redución na factura de móbiles de 3.000 euros e outras actuacións, son decata minuta en comparación". "Hai que ser algo máis serios" puntualizou. |
|
| |
|
|
|
|