| |

         
|
|
| |
As partidas en sanidade e chan industrial garanten a execución do novo hospital e o parque das gándaras de Lugo
|
|
| |
19/10/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Joaquín García Díez, portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo: "Nuns momentos complicados, moi difíciles e cunha herdanza envelenada recibida do bipartito, o goberno Feijóo cumpre coa palabra dada e saca adiante os principais compromisos que adquiriu cos lucenses".
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Joaquín García Díez, resaltou que o goberno de Feijóo "cumpre coa palabra dada en Lugo". Nese sentido indicou que as partidas máis importantes dos orzamentos da Xunta para o Concello de Lugo en 2010 destínanse a sanidade e chan industrial.
Os 18 millóns de euros para o novo Hospital, así como os 19 millóns do parque industrial das Gándaras reflicten o compromiso do goberno da Xunta con Lugo "tal e como anunciou o Presidente Feijóo na súa visita á capital, e dada a situación de endebedamento, e á vista dos proxectos pendentes para o concello, marcáronse unha serie de prioridades: a de dotar a Lugo de suficiente chan industrial e a posta en marcha do novo Hospital". |
|
| |
|
|
|
| |
A xuízo do Grupo Municipal Popular, nunha primeira ollada ao documento, "eses dous compromisos quedan perfectamente reflectidos nos orzamentos da Xunta para o próximo exercicio".
"O goberno do PP da Xunta fai, por unha banda, unha clara aposta por servizos esenciais" e por outro manifesta "o seu interese por conseguir que se instalen empresas e que haxa traballo pondo coto á fuga de industrias a polígonos lindantes causada pola falta de chan industrial". |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Outros investimentos para a cidade.-
Joaquín García Díez indicou que o documento contable que hoxe se presentou ten como obxectivo dar un ánimo a proxectos que acumulan anos de atraso e noutros casos o que se garante é a súa execución.
"Son uns orzamentos tremendamente realistas, austeros e preparados para un panorama de crise. Os investimentos que se propón vanse a levar a cabo", concluíu. Os populares afirman que estas contas "nada se parecen ás do bipartito onde só había promesas que logo non se cumpriron. Nese sentido non faltan partidas para dar continuidade á política de rehabilitación do casco histórico (3.800.000 ") ou a mellorar nos trámites imprescindibles para conseguir un auditorio digno para cidade (1.000.000 ")".
O portavoz popular advirte que esta é unha primeira análise das partidas de obras "con nome e apelido" para a cidade de Lugo pero afirma que hai outros moitos investimentos que non están singularizados pero nos que se ten en conta a cidade de Lugo.
García Díez pon como exemplo destas partidas non individualizadas o millón de euros que hai consignado para diferentes actuacións na Muralla Romana. "O goberno do Partido Popular presidido por Feijóo demostra así a sensibilidade pola conservación e promoción do monumento, unha actitude que non se viu durante o goberno bipartito nin desde o Goberno Local de Lugo".
|
|
| |
|
|
|
|