| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular condiciona o seu apoio á nova tarificacion da auga a unha proposta de mínimos
|
|
| |
19/10/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
-
Cristina Ares pide que se rebaixen tres euros á cota fixa do uso domestico e trece euros no uso non doméstico, evitando a penalización aos fogares e actividades con consumos baixos.
-
Os populares reclaman que a tarificación sexa mais social polo que presentan unha proposta de bonificacions
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal do PP presentará na reunión desta mañá, na que se debate a nova tarificacion do consumo de auga, unha proposta de mínimos “de reixeitar calquera dos puntos os populares anuncian que non aceptaran os cambios que pretende levar a cabo o goberno de Orozco”.
A concelleira popular, Cristina Ares enumeraba os puntos do acordo que proporá:
- Reducir a cota fixa ou cota de dispoñibilidade proposta polo goberno municipal de 10 a 7 euros no uso doméstico e de 30 a 17 euros no uso non doméstico. Esta medida faría que aqueles que non consumisen máis de 27 metros cúbicos, no primeiro caso, e 75 metros cúbicos, no segundo, (os “mínimos” establecidos nas Ordeanzas en vigor) non resulten penalizados polo novo modelo de tarificación. Na proposta do goberno socialista pasarían a pagar de 11,34 a 13,78 (2,44 euros máis) no uso doméstico e de 43,5 a 56,25 (12,75 euros máis) no uso non doméstico.
Esta proposta obrigaría a revisar o prezo por metro cúbico dos excesos de consumo, que serían penalizados en moita maior medida que na proposta inicial, na cantidade que recomendasen os técnicos municipais para axustar progresivamente os ingresos e os gastos dos servizos relacionados co uso da auga.
- Introducir as seguintes bonificacións fiscais nas taxas pola subministración de auga potable e sumidoiros, na vivenda habitual:
B.1 Do 50%, 75% e 95% para familias numerosas segundo sexan de primeria categoría (3 fillos), segunda categoría ( 4 ou 5 fillos) e categoría de honra (6 fillos ou máis)
B.2 Do 50% para xubilados e oturos pensionistas, sempre que o patrimonio mobiliario e inmobiliario dos membros da unidade familiar, excluíndo o valor da vivenda habitual, non sexa superior a 21.000 euros
C. Por suposto, proporase manter a exención para perceptores da RISGA, que xa se contempla nas Ordeanzas fiscais para o ano 2009.
En resume, o Grupo Popular esixe ao goberno municipal que aborde con seriedade a adaptación á Directiva marco no sector da auga (do ano 2000), e que a nova tarificación por subministro domiciliario e sumidoiros sexa máis social. |
|
| |
|
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
| |
Ares tamen aclarou que na reunión de traballo entre o goberno e representantes dos grupos políticos da oposición coa participación dos técnicos municipais celebrada o pasado venres día 16 de octubro, o Grupo Popular foi O ÚNICO quen propuxo a introducción de bonificacións fiscais nas taxas por subministración de auga potable e sumidoiros para fogarse con dificultades especiais, como os das familias numerosas “algo que non tiña previsto o goberno municipal e no que tampouco reparara o outro grupo da oposición”. |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
Así mesmo, o Grupo Popular puxo sobre a mesa a inequidade global da proposta socialista, que non ten en conta o número de membros de cada unidade familiar, razón pola cal tampouco cumpre a esixencia de PENALIZAR O DESPILFARRO, xa que non permite avaliar se o cunsumo de auga de cada fogar é sostible ou non, algo que obviamente non depende só do volume de auga consumido senón tamén do número de membros da unidade familiar.
Retraso inxustificado
Os populares acusan ao goberno socialista de actuar de forma improvisada e critican o retraso inxustificable do goberno municipal na adaptación á Directiva 2000/60/CE, de 23 de octubre de 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas, que obriga, a partir do 1 de xaneiro de 2010, a implementar unha política de tarificación que incite aos consumidores a empregar este recurso de forma sostible, así como á recuperación dos custos dos servizos relacionados co uso da auga.
“A entrada en vigor desta norma, non tiña producido ata o de agora ningún tipo de reacción por parte do goberno municipal, que, incluso, é incapaz de adoptar unha decisión sobre o sistema de xestión da auga, feito que está a contribuir ano tras ano a incrementar o déficit do servizo, que, segundo os estudos de custos de Facenda Local, pasou do 26% ao 40% somentes no último ano, con previsión de que aumente a igual ritmo en vindeiros exercicios”.
Os populares recriminan ao goberno municipal que a diferenza do acontecido noutras cidades, o Concello de Lugo non adoptou ningunha medida para o emprego máis eficiente da auga para usos municipais, nin nas propias dependencias municipais ou noutros edificios públicos especialmente significativos para a promoción do cambio cultural nos hábitos de consumo deste recurso requerido pola normativa europea (do ano 2000), como, por exemplo, os colexios públicos.
|
|
| |
|
|
|
|