| |
O Grupo Municipal Popular denuncia que dos 120.000 euros consignados nos orzamentos deste ano para reposición do arboledo do Parque de Rosalía "non se materializou nada do previsto".
Segundo explicou Teresa Taboada o estudo de arboledo, que se concluíu en xuño forma parte da primeira fase do plan director.
Teresa Taboada acusou ao goberno local de "descoido e falta de xestión" pola demora na recuperación do parque e denunciou, unha vez máis, o lamentable estado no que se atopa: "moi deteriorado e en franca decadencia" polo que comina ao Goberno Local "a que se poña as pilas e empezo xa coa primeira fase deste ambicioso plan para que o parque de Rosalía recupere o seu antigo esplendor". |
|