-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular cre que os reiterados paus xudiciais confirman a incompetencia de Orozco na súa xestión

 
 
14/10/2009
grupo municipal
     
 
  • Nos últimos meses o xulgado condenou ao Concello en cinco ocasións; a última onte, por acoso laboral a unha traballadora.
  • Enrique Rozas pide ao Goberno que "cambie a confrontación permanente polo diálogo"
  • Os populares piden a Orozco que "faga autocrítica" e abandone "o seu posicionamento de soberbia e prepotencia"
 
barra
           
 
O Grupo Municipal do Partido Popular acusa ao goberno de Orozco de "recorrer sistematicamente á judicialización da vida municipal para tapar os fracasos da súa xestión" e ocultar a incompetencia do Alcalde á hora de buscar solucións negociadas.

Para o Grupo Popular é preocupante que Lugo sexa noticia por un caso de acoso laboral "sería moito máis positivo que Orozco intente rectificar a súa mala xestión para que o municipio sexa noticia polos avances e non polos procesos xudiciais que perde".

Non hai semana na que o Concello de Lugo reciba sentenzas desfavorables. As máis recentes:

O xulgado condenou ao Concello a pagar 60 euros en concepto de plus de nocturnidade a cada axente da policía por noite traballada.

Condénase ao Concello a pagar 130 euros por saídas dos bombeiros fose do termo municipal.

Anulación do proxecto de urbanización da leira das costas do parque. Un proceso que podería derivar no pago de importantes indemnizacións.

Condena por acoso laboral (mobbing). Terá que pagar 12.500 euros por este concepto a unha traballadora"



En breve, o Concello podería ter que enfrontarse a unha nova condena por vulneración dos dereitos fundamentais doutro traballador municipal.
 
       
 
Os populares lamentan que o goberno local sexa incapaz de utilizar a vía da negociación e abuse dos recursos xudiciais "que o único que provocan é dilatar uns procesos que logo terán que asumir futuros gobernos". "Esa é a forma de gobernar e de resolver os problemas de persoal que ten o PSOE", puntualizou o edil popular Enrique Rozas.

Foto

 
     
 

Desde o Grupo Popular piden a Orozco que "faga autocrítica" e abandone "o seu posicionamento de soberbia e prepotencia".

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo