-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular presenta distintas propostas para mellorar a próxima edición das festas do San Froilán

 
 
13/10/2009
cultura
     
 
  • Para Alicia Pena, "O San Froilán é o polbo e o bo tempo".
  • "Esperamos que Concepción Burgo se moleste en ter en conta as achegas en positivo que hoxe lle presentamos, porque a pesar do seu empeño, aquí ninguén sobra"
 
barra
           
 
O clima acompañou este ano ás festas, o que encheu Lugo de xente o último fin de semana do San Froilán e deixou un bo sabor de boca. Con todo, no Grupo Municipal do Partido Popular pensamos que hai moitas cousas que se poden mellorar de face a próximas edicións.
Foto
 
     
 

Programación

A concelleira popular foi crítica co horario das actuacións das orquestras que empezan ás 11:30 horas e pediu que de face a próximos festexos expóñase adiantar os horarios.

A animación en rúa foi escasa e houbo zonas céntricas por onde nunca pasaron as charangas. Botouse en falta na programación a presenza de corais ou grupos musicais tradicionais.

É necesario ampliar o horario dos puntos de Información turísticos tanto da Praza do Campo como a de Anxo Fernández Gómez. Os populares solicitan un horario especial para os próximos festexos que evite que, por exemplo o pasado sábado, a xente non teña unha referencia de información turística nos horarios máis intensos das festas.


Tráfico e seguridade

Os populares reclaman que de face ás próximas edicións do San Froilán móntese un dispositivo "serio e específico onde a presenza policial sexa real e non se limite a pechar a zona, con valos a partir das sete da tarde". O dispositivo montado foi escaso e provocou situacións de perigo aos cidadáns.
Necesítase dun plan específico con axentes presenciais non só para control de tráfico senón tamén para control a venda ilegal que este ano alagou máis aínda as rúas de Lugo.

Hai que tomar medidas para evitar ocupación de beirarrúas. O xardín da esquina de República Arxentina con Pintor Corredoira quedou completamente desfeito; o mesmo sucedeu co que hai na Praza Aviador.


Melloras para o recinto feiral

Outra proposta dos populares é regular os decibel das atraccións. Cada ano os equipos de megafonía son máis potentes e sóbese o nivel de ruído. A idea sería establecer un control e limitar a partir dunha hora a megafonía (o horario podería modificarse tendo en conta se é xornada laboral ou festiva).

Alicia Pena tamén recriminou ao Goberno Local que incumprise a palabra dada no tocante á organización da cociña e asentamento dos vendedores ambulantes. O ano pasado nunha comisión a señora Concepción Burgo prometeu alugar un solar nas proximidades da porta de Santiago co obxecto de eliminar a imaxe terceiromundista que se volveu a repetir no parque de Rosalía.

Estender ao resto do recinto feiral as casetas de venda ambulante de face a conseguir unha uniformidade estética. Hai rúas como Pascual Veiga onde se montou un campamento de plásticos que ofrece unha pobre imaxe dunhas patronais dunha capital.

Intensificar o servizo de limpeza e colocar máis colectores de lixo provisionais ao longo do recinto.


Organización previa

O PP pide que todos os asuntos relacionados coas festas (adxudicación de casetas, atraccións, iluminacións, pregoeiro....) déixense resoltos antes das vacacións de verán.

Unha vez máis Orozco utiliza o protocolo en función das súas "caprichos" e ao seu "antollo". É irrespetuoso, ata, cos do seu partido e como exemplo Alicia Pena cita o acto do pregón das festas. O Alcalde colocou "a dedo" nun acto municipal por diante de todos os representantes municipais, a dúas deputadas socialistas. Os populares explican que no palco estaban tamén senadores e deputados doutros partidos así como o secretario da mesa do Parlamento de Galicia.

 
     
 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo