| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular aplaude que o Goberno Local plantexe, por fin, eliminar o mínimo no consumo de auga
|
|
| |
13/10/2009 |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
Por fin o goberno local parece disposto a asumir a proposta que o PP leva facendo nos dous últimos mandatos de Orozco: "o cobro por consumo real de auga".
Os populares anunciaron que estudarán a proposta que hoxe lles trasladou o goberno socialista. "Unha vez máis acaban de demostrarnos que durante estes anos utilizaron escusas sen sentido para evitar abordar esta medida que podería beneficiar a moitos lucenses".
Orozco condicionou esta proposta á constitución da empresa mixta e "pola súa incapacidade para levar ese proxecto adiante, logo de dous anos dándolle voltas, decide abordar este cambio".
A proposta dos populares é eliminar a taxa do consumo mínimo dos recibos de auga e que só se cobre o cidadán o consumo real e se é preciso, establecer un mínimo por mantemento das instalacións. |
|
| |
|
|
|
| |
Esta taxa, na súa actual versión, é un instrumento recadatorio inxusto para a maioría dos lucenses. Na actualidade, un fogar que consuma 3 metros cúbicos de auga ao trimestre paga a mesma cantidade que a familia que consuma 25m3, algo absurdo e contrario a toda lóxica. É un claro atentado contra o principio de igualdade. |
|
|
| |
|
|
| |
Así mesmo, manter ese mínimo fomenta unha cultura do malgasto xa que paga o mesmo o que gasta pouca que moita auga.
Outra cousa son os tramos propostos polo Goberno, que o Grupo Municipal Popular quere analizar antes de valorar.
|
|
| |
|
|
|
|